ACCIÓN CULTURAL
A Praza de Cervantes acolle a feira do V Festival Rosalía
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, participou hoxe na apertura da feira do V Festival Rosalía. Mercedes Rosón destacou toda a iconografía creada arredor de Rosalía, "a nosa figura máis universal", da que se pode ver unha mostra nesta feira, que se desenvolverá durante toda a xornada na Praza de Cervantes. Nela pódense mercar distintos obxectos e pezas de roupa vinculados á escritora, ben a través da súa imaxe ou dos seus versos.
POLÍTICAS SOCIAIS
Hoxe ábrese o prazo de solicitude das bolsas de comedor, adquisición de material escolar e actividades extraescolares
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou onte a convocatoria de becas de comedor, adquisición de material escolar e actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (2º ciclo) e de educación primaria obrigatoria para o curso 2023/2024. Polo tanto, a partir de hoxe, 24 de febreiro, ábrese un prazo de 10 días hábiles para presentar as solicitudes.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O alcalde entrega os premios pola participación no certame de traballos literarios da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela
Dezaséis alumnas e alumnos recibiron cadanseu bono agasallo para canxear no comercio local especializado en material e xogos educativos. O proxecto continúa a súa liña de implicación e participación cidadá co desenvolvemento dun curso formativo e dun ciclo de encontros de emprendemento.
ALCALDÍA
Concentración en silencio en solidaridade co pobo ucraíno
A praza do Obradoiro acolleu esta mañá un acto de cinco minutos de silencio como mostra de pesar pola guerra en Ucraína, que xa cumpre un ano desde o seu inicio. A Banda Municipal de Música de Santiago interpretou o himno do país a modo de homenaxe ao pobo ucraíno.
CONSORCIO
A Casa do Cabido acolle a exposición que conmemora os 90 anos de Radio Galicia, emisora decana da comunidade
'Historias de Radio Galicia. 90 anos contigo' fai un percorrido desde a orixe da radio en Santiago á actualidade a través das voces e obxectos das súas nove décadas. Á inauguración desta exposición asistiu esta mañá o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, os concelleiros Sindo Guinarte e Gonzalo Muíños así como varios membros da Corporación municipal.
SEGURIDADE CIDADÁ
O Concello traballa xunto ao sector comercial en novos sistemas de prevención antirroubo
Logo dunha reunión con representantes de gran parte do tecido comercial da cidade -Ensanche, Cidade Histórica e San Pedro-, representados a través da Asociación Comercio Punto Compostela, o concelleiro de Seguridade Cidadá avanzou que se traballa en novos sistemas que permitan mellorar a rápida detección de intentos de roubo ou irrupcións de intrusos dentro de comercios: "actualmente, non estamos nin moito menos nunha situación alarmante, pero si queremos poñer medidas para reforzar a seguridade dos nosos comercios e...
EDUCACIÓN
Área Central acollerá a vindeira semana a novena Feira de Minerais, na que colabora o Concello de Santiago
A novena edición da Feira de Minerais de Santiago desenvolverase desde o xoves 2 ata o domingo 5 de marzo no centro comercial Área Central e contará cunha trintena de postos con minerais, fósiles e pezas de xoiaría e un amplo programa de actividades para escolares e público xeral. Na rolda de prensa de presentación desta mañá, estiveron a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, Alejandro Rodríguez, organizador da feira e Sara Castedo, xerente de Área Central.
CONSORCIO
Comezan as obras de conservación e mellora de eficiencia enerxética da fachada leste do Pazo de Raxoi
Con esta intervención, realizada polo Consorcio de Santiago, continúase coa rehabilitación exterior do edificio monumental logo de que o pasado ano se completase a renovación das cubertas e pluviais.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba as subvencións nominativas para o 2023 por un importe total de 1.5 millóns de euros
A Xunta de Goberno local, en sesión extraordinaria, deu luz verde a un total de 70 subvencións nominativas por un total de 1.565.908 euros dos que se beneficiarán entidades sociais, deportivas, culturais, comerciais ou educativas da cidade, entre outras. Tamén se aprobaron os suplementos de crédito para completar a achega municipal deste exercicio para as obras da Plataforma loxísitica, do complexo deportivo de Santa Isabel e do pavillón polideportivo de Vite.
ACCIÓN CULTURAL
Compostela celebra o día de Rosalía no 186 aniversario do seu nacemento
O 23 de febreiro de 1837 nacía Rosalía de Castro en Santiago de Compostela e para conmemorar o 186 aniversario dese nacemento celebrouse un ano máis o Día de Rosalía. No marco desta efeméride, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asistiron á ofrenda floral organizada pola Fundación Rosalía de Castro na praza de Vigo, lugar onde naceu a poeta.