TURISMO
Compostela busca turistas de alto valor engadido na feira máis importante de Xapón
Turismo de Santiago está participando na JATA, principal feira turística para o mercado xaponés, que se celebra do 25 ao 29 de outubro en Osaka. O mercado xaponés é estratéxico para Compostela xa que os seus turistas teñen un elevado gasto medio diario por persoa, chegando a situarse no 2022 en 262 euros, segundo os datos da Enquisa de Gasto Turístico, elaborada polo INE.
XUVENTUDE
O festival de muralismo Compostela Contemporánea rexenerará a través da arte tres novos espazos de Santiago
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, asistiu este mediodía á master class sobre a técnica do stencil, impartida no IES de SAR no marco do Festival de Muralismo e Intervencións Urbanas "Compostela Contemporánea". Dentro deste programa están previstas tres intervencións murais de gran formato por parte a cargo de tres artistas: Møu, Lidia Cao e Doa.
DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS
O Concello súmase á conmemoración do Día Nacional do Dano Cerebral
Santiago acolleu este mediodía un acto organizado pola Asociación Sarela para conmemorar o Día do Dano Cerebral, que dende o ano 2007 se celebra cada 26 de outubro, onde se deu lectura a un manifesto por parte de familiares e persoas afectadas por esta enfermidade. No acto participaron a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas e representantes de todos os grupos municipais.
XUVENTUDE
Os obradoiros de prevención da adicción ao xogo da Concellaría de Xuventude chegarán a 1.300 alumnos e alumnas este curso
Uns 1.300 alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO participarán ao longo deste curso nos Obradoiros de prevención da adicción ao xogo, que tén en marcha a Concellaría de Xuventude nos institutos de Santiago. Ao longo deste primeiro trimestre están previstas 27 intervencións, que chegarán a un total de 650 adolescentes. O obxectivo deste programa, tal e como explica a concelleira María Rozas, é "sensibilizar á mocidade dos riscos dos xogos de azar e prever comportamentos aditivos relacionados co xogo".
PLENO
O Concello aproba unha declaración institucional contra a violencia machista con motivo do 25N
O Pleno da Corporación Municipal aprobou esta mañá unha declaración institucional na que todos os grupos municipais de forma conxunta condenan "todas as formas de violencia machista" e comprométense a traballar "na súa eliminación de todos os espazos do Concello" con medidas concretas e de xeito coordinado con outras institucións.
URBANISMO
O Concello manterá unha reunión coas asociacións hostaleiras para informar das medidas de prevención de incendios
O Concello de Santiago, como xa trasladou o departamento de Urbanismo a representantes do sector da hostalaría e do lecer, ten prevista unha xuntanza de carácter informativo para o próximo xoves 2 de novembro destinada a explicar o contido do plan para verificar as medidas de prevención de incendios de locais de lecer nocturno e infantil.
CONSORCIO
Últimos días para visitar a exposición 'Lorca en Compostela' da Casa do Cabido
A mostra pechará as súas portas o domingo 5 de novembro. A Casa do Cabido tamén acolleu esta mañá o acto de celebración do Día de Lorca en Galicia ao que asistiron a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, as concelleiras Míriam Louzao e María Rozas, así como representantes dos grupos municipais.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Rede de Centros Socioculturais encherase de maxia na segunda edición de "Abracastaña"
A Rede de Centros Socioculturais volverá encherse de maxia do 31 de outubro ao 25 de novembro, na segunda edición do programa "Abracastaña". O concelleiro Xan Duro presentou hoxe a actividade, acompañado de Sandra Quintana, responsable do programa de artes escénicas e musicais da rede de centros, e do mago Romarís, un dos protagonistas desta edición.
TURISMO
Compostela superou en setembro as 100.000 estadías de turismo internacional
Turismo de Santiago participa na III Convención de Turespaña, co obxectivo de promocionar a cidade como un destino internacional de turismo consciente.
MOBILIDADE E CONVIVENCIA
O Concello habilitará espazos "Bico e Vai" na contorna do Pío XII con máis de 30 prazas para paradas de curta duración
O concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais explicou hoxe a proposta para a ordenación do aparcamento na contorna do CEIP Pío XII, co establecemento dos espazos "Bico e Vai" pensados para paradas de curta duración nos horarios de entrada e saída das aulas. O Concello habilitará unha trintena de prazas entre a avenida das Burgas, a avenida de Compostela e Poza de Bar, prazas que tal e como indicou Xan Duro, "deben ser usadas de maneira rotatoria polas familias".