EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música programa para o segundo trimestre do curso un novo ciclo de concertos didácticos para a cativada
A Concellería de Educación do Concello de Santiago, a través da Escola Municipal de Música (EMM), pon en marcha por duodécimo ano consecutivo un novo ciclo de sesións didácticas que teñen como obxectivo promover o achegamento da música aos máis pequenos da rede de centros educativos de Compostela. Xunto a esta iniciativa programa outros eventos para o segundo trimestre do curso que presentou en rolda o concelleiro de Educación, Rubén Prol, acompañado polo director da EMM, Fernando Rey, e pola profesora...
TURISMO
O turismo recupérase plenamente en Santiago ao superar por primeira vez o millón e medio de pernoctacións
No 2022 marcáronse novos máximos turísticos na cidade, tanto en pernoctacións como en pasaxeiros no Aeroporto de Santiago – Rosalía de Castro e no número de Compostelas entregadas.
CONSORCIO
A Casa do Cabido acolle a exposición que percorre os 70 anos de vida do Moto Club Compostela
A mostra fai unha homenaxe para dar a coñecer a historia e evolución destas sete décadas.
FESTAS
Dende mañá, 1 de febreiro, e ata o 8 poderán presentarse as solicitudes para participar no desfile do Entroido
O Boletín da Provincia da Coruña publica hoxe, 31 de xaneiro, as bases do concurso, polo que dende mañá poderán presentarse as solicitudes para participar no desfile de Entroido que terá lugar o martes 21. O prazo estará aberto ata o 8 de febreiro.