EDUCACIÓN
As Escolas Infantís Municipais acollen o XII ciclo de sesións didácticas "Quen é quen: os instrumentos que viven na Escola Municipal de Música"
O Departamento de Educación do Concello de Santiago, a través da Escola Municipal de Música, pon en marcha por duodécimo ano consecutivo, un novo ciclo de sesións didácticas co obxectivo de promover o achegamento da música aos máis pequenos e pequenas da rede de escolas infantís do Concello de Santiago.
OBRAS
O Concello reformará o complexo deportivo de Santa Isabel e o pavillón de Vite por máis de 4,3 millóns de euros cunha achega de 3,3 millóns do Plan de Recuperación
O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e o delegado do Goberno, José Miñones, visitaron esta mañá o complexo deportivo de Santa Isabel no que, xunto ao pavillón de Vite, se levará a cabo unha reforma integral dos espazos co fin de mellorar a súa eficiencia enerxética, sostibilidade e accesibilidade. Ambas actuacións resultaron beneficiarias na recente resolución da Liña 1 do PIREP Local, o programa de axudas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) a través dos fondos europeos...
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno concede licenza a Sertego para o selado do vertedoiro da canteira Miramontes
A Xunta de Goberno acordou hoxe conceder a Sertego, Servicios Medioambientales S.L.U, licenza de obras para o selado do vertedoiro de Grixoa, segundo o proxecto de adaptación e mellora do plan de restauración do espazo central da canteira de Miramontes, que conta cun orzamento de execución material de 1.524.386,20 euros.