MOBILIDADE
Asinado o convenio entre o Concello e Decathlon Santiago para a realización de actividades de formación en materia de seguridade viaria e a organización de eventos deportivos
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado do concelleiro de Mobilidade, Gonzalo Muíños, e do xefe da Policía Local, José Ramón Silva, asinou coa directora de Decathlon Santiago, Yael Andrea Girabel, un convenio para o desenvolvemento de actividades formativas no ámbito da seguridade viaria e a prevención de accidentes no relativo ao manexo e condución de bicicletas, na organización e colaboración da marcha ciclista escolar promovida polo Concello de Santiago e o Decabike, promovido por...
CIDADES PATRIMONIO
As Cidades Patrimonio da Humanidade formarán parte da plataforma de Destinos Intelixentes que desenvolve o Ministerio de Turismo
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España celebrou esta mañá a súa Asemblea Xeral en San Cristóbal de La Laguna, á que asisitiu o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo. A seguinte terá lugar en Santiago de Compostela os días 13 e 14 de maio.