SEGURIDADE CIDADÁ E MOBILIDADE
A Policía Local súmase á campaña da DXT de vixilancia e control da velocidade ao volante
O Concello de Santiago adhírese unha vez máis, como é habitual, á campaña especial sobre vixilancia e control da velocidade que promove a Dirección Xeral de Tráfico (DGT), polo cal a Policía Local levará a cabo controis da velocidade nas principais vías urbanas da nosa cidade entre o 21 e o 27 de marzo.
TURISMO
Comezan as ‘Rutas de Viño Revera Vinum Compostela’
A Bodeguilla de San Lázaro acolleu esta mañá o acto de inauguración das ‘Rutas Revera Vinum Compostela’ que se poderán percorrer desde hoxe ata o 27 de marzo. O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, o presidente da Asociación Hostalaría Compostela, Thor Rodríguez, e outros representantes da Corporación, deron inicio a esta actividade tomando un viño galego.
ACCIÓN CULTURAL
O Festival Atlántica celebra o Día Internacional da Narración Oral con espectáculos e a lectura dun Manifesto
Co gallo do Día Internacional da Narración Oral o próximo 20 marzo, unha vintena de artistas percorrerán varias cidades e vilas de Galicia, entre elas Santiago, para celebrar a arte máis antiga do mundo. O Manifesto, escrito por Antonio Reigosa, repartirase a partir de hoxe en centros de ensino e bibliotecas para lembrar a importancia e a necesidade das historias a viva voz.
OBRAS
A concellaría de Obras rematou, no que levamos de ano, seis importantes actuacións, e está executando outras sete
No que levamos de ano, a concellaría de Obras rematou seis actuacións que contaron cun investimento de 1.177.679,96 euros; e está executando outras sete importantes obras que, en conxunto, contan cun orzamento de adxudicación 4.802.700,72 euros. Delas informou, en rolda de prensa, o concelleiro de Barrios e Obras, Javier Fernández.