CIDADES PATRIMONIO
Santiago participa no seminario "A xestión das Cidades Españolas Patrimonio Mundial"
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade organiza este encontro en Salamanca no que queren reflexionar sobre a sostenibilidade e a resiliencia destes destinos turísticos trala pandemia.
CIDADES PATRIMONIO
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España traslada o seu apoio inquebrantable á poboación de Ucraína e pide o restablecemento da paz
O presidente do Grupo e alcalde de Salamanca, Carlos García Carbayo, leu onte a declaración institucional, en nome de todos os alcaldes e alcaldesas do Grupo, na que tamén reclaman o respecto ao patrimonio histórico de Ucraína.
DEPORTES
Máis de 250 judokas daranse cita esta fin de semana no XIV Trofeo de Judo Cidade de Santiago
A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, acompañada por Mario Muzas, presidente da Federación Galega de Judo, e Javier Rial, presidente do Compostela Judo Club. presentaron esta mañá en rolda de prensa o XIV Trofeo "Cidade de Santiago", que reunirá a 261 judokas de España e Portugal esta fin de semana en Compostela.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Entrega dos premios aos gañadores do concurso "Disfraces na Rede"
O concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández; e o responsable de Educación, Rubén Prol, entregaron esta tarde, no Centro Sociocultural de Santa Marta, uns agasallos para premiar as propostas gañadoras da segunda edición do concurso de "Disfraces na Rede". Na categoría infantil o primeiro premio foi para o disfrace "As dúas Marías"; e na modalidade familiar para o difrace "Baixo o mar".
ALCALDÍA
COMUNICADO SOBRE AXUDA A UCRAÍNA: enderezo electrónico para manifestar a dispoñibilidade para o acollemento
Todas aquelas persoas que queiran manifestar formalmente a súa disposición a acoller ou a destinar recursos habitacionais para o acollemento dos refuxiados procedentes de Ucraína deberán facelo a través do correo electrónico apoyo.ucrania@inclusion.gob.es
SEGURIDADE CIDADÁ
A Policía Local de Santiago identifica un conductor que subira unha imaxe súa ás redes sociais circulando a máis de 160 km/h
A Policía Local vén de imputar a un home que subiu á súa conta de Instagram un vídeo no que aparece conducindo a máis 160 km/h por unha vía limitada a 50 km/h. O conductor está acusado de cometer presuntamente un delito contra a seguridade viaria, por conducir a unha velocidade que supera en 80 km/h a permitida.
SMARTIAGO
A Axencia Galega de Innovación amosa a súa satisfacción cos avances do proxecto Smartiago
Hoxe reuniuse a terceira comisión de seguimento e coordinación do convenio entre a Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o Concello de Santiago de Compostela para o proxecto "Smartiago". Tanto o responsable do proxecto, Sindo Guinarte, como Patricia Argerey, directora de GAIN, coincidieron en sinalar os avances que se están dando nas tres liñas de actuación coas que conta o programa. Guinarte espera chegar a final de ano "co proxecto executado, máis alá de que despois algunhas das accións do programa teñan...
SMARTIAGO
La Axencia Galega de Innovación muestra su satisfacción con los avances del proyecto Smartiago
Hoy se reunió la tercera comisión de seguimiento y coordinación del convenio entre la Axencia Galega de Innovación (GAIN) y el Ayuntamiento de Santiago de Compostela para el proyecto "Smartiago". Tanto el responsable del proyecto, Sindo Guinarte, como Patricia Argerey, directora de GAIN, coincidieron en señalar los avances que se están dando en las tres líneas de actuación con las que cuenta el programa. Guinarte espera llegar la final de año "con el proyecto ejecutado, más allá de que después...