ACCIÓN CULTURAL
Compostela celebra o 185 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro cun programa especial de actividades
O Día de Rosalía conmemorarase por primeira vez o próximo 23 de febrero, tras a aparición de nova documentación que desvela a data real do seu nacemento. No marco desta efeméride, o Concello de Santiago ofrecerá unha programación especial que darán comenzó o vindeiro sábado 19 de febreiro e que inclúe, ademáis dos actos institucionais, actividades culturais e roteiros.
IGUALDADE
Minuto de silencio polo falecemento e desaparición de varios tripulantes do pesqueiro "Vila de Pitanxo"
A praza do Obradoiro acolleu esta mañá un minuto de silencio como mostra de pesar polo falecemento e desaparición de varios tripulantes do pesqueiro "Vila de Pitanxo", en augas de Terranova.
DEPORTES
Santiago acolle esta fin de semana o XVI Open Compos de Esgrima e o II Torneo de Boxeo Olímpico
A concelleira de Deportes e Benestar Animal, Esther Pedrosa, acompañada do presidente do Club Garage Compostela, Manuel Blanco, e o representante do Club Compostela de Esgrima, Xosé Piñeiro, presentaron hoxe en rolda de prensa os campionatos das disciplinas olímpicas de esgrima e boxeo que terán lugar esta fin de semana nos pavillóns do Restollal e de Santa Isabel.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Concello lanza a campaña "Santiago Concilia" para dar a coñecer as boas prácticas en materia de conciliación de varias empresas compostelás
O Pazo de Raxoi acolleu esta mañá o acto de presentación da campaña "Santiago Concilia" coa que o Concello en colaboración con CERSIA e a USC pretende dar difusión ás iniciativas postas en marcha por diferentes empresas locais para favorecer a conciliación laboral e familiar do seu persoal. O acto contou coa presenza do alcalde de Santiago, Xosé S. Bugallo, a responsable de Promoción Económica do Concello de Santiago, Carme Casado, así como os representantes das sete empresas compostelás...
CONSORCIO
Xuntanza dos tres Consorcios de cidades Patrimonio da Humanidade de España
Santiago recibe esta semana a visita dos xerentes dos outros dous Consorcios de cidades Patrimonio da Humanidade que hai en España -ademais do de Santiago-, Cuenca e Toledo.