TURISMO
O proxecto Bodah avanza na xestión dos fluxos turísticos nas cidades patrimoniais
Os participantes no proxecto europeo "Big e Open Data para o desenvolvemento de novos procesos cara a xestión do patrimonio atlántico" (Bodah), liderado por Turismo de Santiago, celebraron hoxe a súa cuarta reunión. O encontro tivo lugar telematicamente con asistentes de entidades de España, Portugal, Francia, Escocia, Gales e Irlanda.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello de Santiago súmase ao Día Internacional da síndrome de Rokitansky, que afecta a 1 de cada cinco mil mulleres no mundo
O Concello de Santiago, a través das concellarías de Políticas Sociais e Saúde, de Políticas de Igualdade, e de Mocidade súmase ao Día Internacional da síndrome de Rokitansky, que se celebra o 19 de febreiro, coa información e visiblización desta enfermidade que afecta a unha de cada 5.000 mulleres no mundo.
POLÍTICAS SOCIAIS
Reunión con Cáritas Interparroquial
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, reuníronse esta mañá con Cáritas Interparroquial para coñecer de primeira man as necesidades e demandas do colectivo.
ACCIÓN CULTURAL
Máis de 1.500 persoas seguiron a campaña 'Compostela Somos Cultura' na súa primeira edición
Durante os tres meses que a campaña online de promoción da vida cultural de Compostela e comarca 'Compostela Somos Cultura' estivo en funcionamento, máis de 1.500 persoas seguiron as súas diversas redes sociais. Ademais, preto de 600 participaron nos diferentes sorteos que se celebraron durante a mesma e foron case 6.000 as visualizacións dos vídeos lanzados. Desde a organización posta en marcha pola Oficina de Promoción Económica dependente de Alcaldía do Concello de Santiago de Compostela e desenvolvida pola...
TURISMO
Turismo de Santiago adhírese á Rede de Destinos Turísticos Intelixentes
A IV Comisión Plenaria da Rede de Destinos Turístico Intelixentes aprobou a adhesión de Turismo de Santiago como novo membro institucional. O obxectivo da Rede é liderar o desenvolvemento do sector turístico a través da innovación e a tecnoloxía.
MOCIDADE
O Centro Xove incorpora novos cursos á actual oferta formativa na que xa hai máis de 100 persoas inscritas
O Centro Xove da Almáciga acaba de incorporar un novo curso á súa oferta formativa, "Laboratorio de guitarra 2"; e está previsto que nos próximos días se sume outro máis relacionado coas artes escénicas. A programación para este ano contempla 2.064 horas de formación, fronte ás 690 impartidas en 2020; ás 482 de 2019 ou as 496 horas programadas en 2018.
URBANISMO
O alcalde e o vicepresidente primeiro da Xunta visitan a parcela cedida polo Concello para a construción da nova sede do Imelga
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitaron esta mañá os terreos nos que se construirá a nova sede do Imelga. A parcela, de 2670 metros cadrados de edificabilidade, foi cedida polo Concello á Administración autónomica e atópase no barrio das Fontiñas.
URBANISMO
A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico informa favorablemente as obras de restauración da fachada da rúa Fonseca da Catedral de Santiago
A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico, presidida pola concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, informou favorablemente, entre outros asuntos, as obras de restauración da fachada da rúa Fonseca da Catedral, solicitadas pola Fundación Catedral de Santiago. Os traballos contan cun orzamento de execución material de 130.829,85 euros.
ACCIÓN CULTURAL
O Festival Atlántica 2021 de narración oral adíase ata o verán
A situación sanitaria obriga a pospoñer a novena edición ata o verán para se poder desenvolver en condicións de seguridade. Así e todo, o vindeiro 20 de marzo está prevista a celebración do Día Internacional da Narración Oral con actividades por toda Galicia.
ALCALDÍA
O período medio de pago do Concello de Santiago descende, en decembro, ata os 16,97 días
O período medio de pago no mes de decembro, foi, segundo destacou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, de 16,97 días: "o mellor PMP desde xuño de 2015", cando se situou en 16,34 días. Un dato "positivo" que, explicou, "mellora os 27 días do mes de novembro.