DEPORTES E IGUALDADE
O Concello e o Monbus Obradoiro unen forzas para visibilizar a violencia contra as mulleres no mundo do deporte
Co obxectivo de fomentar a igualdade e condenar a violencia machista no mundo do deporte, o Monbus Obradoiro dará visibilidade este sábado á campaña municipal 'O teu machismo dá noxo' durante o seu partido contra o Coviran Select no marco do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Estas accións foron prensentadas esta mañá no Pazo de Raxoi nunha rolda de prensa que contou coa presenza da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, a concelleira de Deportes, Pilar Lueiro,...
URBANISMO
O Goberno Local impulsa unha modificación do planeamento urbanístico no ámbito da Finca do Espiño para preservar a súa calidade ambiental e paisaxística
O Goberno Local iniciou o procedemento para preservar a calidade ambiental e paisaxística da Finca do Espiño, unha peza clave do sistema de zonas verdes da cidade catalogada como finca singular no Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1). Con este obxectivo, proporá ao Pleno Municipal a vindeira semana a aprobación inicial dunha modificación puntual do PXOM e do PE-1 que suprima o aproveitamento lucrativo previsto na parcela privada de 8.012 m2 situada no perímetro do parque, eliminando a...
TURISMO
Compostela roza de novo as 100.000 estadías de turismo internacional en outubro
A tarifa media aumentou un 12% respecto de outubro do ano pasado, situándose nos 96,5 euros, segundo os datos do INE.
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música celebra o vindeiro luns o seu Festival de Nadal
O vindeiro luns 27 de novembro, ás 19:00 horas, a Sala Brage do Auditorio de Galicia acollerá o Festival de Nadal 2023 da Escola Municipal de Música. No concerto, as agrupacións e colectivos da EMM darán a coñecer o traballo desenvolvido ao longo destes meses.
CAPITAL CULTURAL
Ana Torrent, premio Cineuropa: "Conservo a sensación de vivir o cinema como algo moi misterioso"
A actriz recolleu o galardón de mans da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín. Tras a cerimonia de entrega, proxectouse a película ‘Sobre todo de noche’ de Víctor Iriarte.
PARQUES E XARDÍNS
O Concello abre o prazo de solicitude de autorizacións para usar as hortas municipais dos parques de Almáciga e Cotaredo
A partir de mañá, 23 de novembro, e ata o 7 de decembro, todas as persoas interesadas poderán presentar a solicitude de autorización para o uso das hortas municipais dos parques de Almáciga e Cotaredo (Fontiñas).
DEPORTES
Preto de 300 participantes correrán este domingo o XXII Trofeo Ciclocross Cidade de Santiago
Será este domingo 26 de novembro nas inmediacións do Estadio Verónica Boquete cando preto de 300 ciclistas chegados das catro provincias galegas e de fóra da nosa comunidade, de entre 14 e 69 anos, pedalearán os 2.600 metros dun renovado circuíto do Ciclocross Cidade de Santiago que forma parte da Copa de Galicia.
ALCALDÍA
A Comisión Executiva do Eixo Atlántico aproba a súa ampliación a 42 membros
A Asemblea Xeral, que se celebrará o 1 de febreiro en Vila Nova de Famalicão, deberá ratificar a incorporación do municipio de Fafe ao Eixo Atlántico. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participiou na xuntanza de forma telemática.
ALCALDÍA
Recepción á embaixadora de Turquía en España
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi á embaixadora de Turquía en España, Nüket Küçükel Ezberci.
CAPITAL CULTURAL
Ana Torrent recibirá este xoves o premio Cineuropa
A cerimonia de entrega do galardón terá lugar no Teatro Principal a partir das 19.30 horas. Ao remate do acto, proxectarase o filme Sobre todo de noche, dirixido por Víctor Iriarte e protagonizado pola actriz. A entrada á sesión é de balde previa retirada de convites que xa están dispoñibles en compostelacultura.gal e nos despachos de billetes do Teatro Principal e a Zona C· Punto de información cultural