ACCIÓN CULTURAL
A décima edición do Festival Atlántica programa en Santiago máis de trinta espectáculos
Entre o 30 de xuño e o 9 de xullo, Santiago será o epicentro da actividade do festival con 31 espectáculos nos que actuarán narradores de Colombia, Brasil, Arxentina, Portugal, Guipúscoa, Valencia e Galicia. Tamén volven os itinerarios narrados e a música, aumentan as sesións con interpretación en lingua de signos e incorpóranse os contos improvisados.
ACCIÓN CULTURAL
O artista Rodríguez-Méndez recibe o II Premio Plataforma pola súa traxectoria no eido da performance e as artes vivas
O premio foi entregado polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, nun acto ao que tamén asistiron Mila Castro, concelleira de Medio Ambiente; representantes dos grupos municipais do Concello; Santiago Olmo, director do CGAC; e David Barro, Mónica Maneiro e Iñaki Martínez Antelo, directores de Plataforma. Festival de artes performativas.
POLÍTICAS DE IGUALDADE
Unha placa na Praza 8 de Marzo recorda, desde hoxe, que San Pedro xa é un barrio amigable LGTBIQ+
Desde hoxe, Día do Orgullo, San Pedro xa é oficialmente Barrio Amigable LGTBIQ+ . A placa, con esta inscrición, foi descuberta polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo e por Santiago Abal, autor da iniciativa, aprobada en pleno, que recibiu ademais o apoio de máis de 1.200 sinaturas de veciñanza e negocios da zona.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello asina novos convenios con Proxecto Home, Cáritas, a Cociña Económica e o Albergue Xoán XXIII por un importe total de 315.000 euros
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asinou esta mañá cinco novos convenios por un importe total de 315.000 euros. Os acordos subscritos hoxe foron con Cáritas, Proxecto Home, a Cociña Económica e o Albergue Xoán XXIII. Estes acordos, impulsados pola Concellaría de Políticas Sociais, que dirixe Mila Castro, teñen como obxectivo garantir a calidade de vida da cidadanía e unha orde social máis xusta e solidaria.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba a modificación dun expediente de crédito de case 5 millóns de euros para financiar distintas actuacións no ámbito urbano e no rural
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe, inicialmente, a modificación dun expedientes de crédito extraordinario, por 4.926.503 euros financiado con remanente líquido de tesourería para gastos xerais do concello do exercicio 2021, destinado a financiar distintas actuación no ámbito urbano e no rural, entre elas as obras de reparación da Praza de Abastos, ou a reurbanización das rúas Mallou e Nogueira, da contorna de Conxo e do barrio de Sar.
COMERCIO E POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
Os departamentos de Comercio e Lingua lanzan a iniciativa "Videoconsellos: o comercio local sabe de que fala"
O alcalde Xosé Sánchez Bugallo e o concelleiro de Políticas Lingüísticas Rubén Prol presentarán esta tarde unha nova iniciativa que pretende achegar ao público a sabedoría e o bo facer do tecido comercial da nosa cidade a través de 20 videoconsellos protagonizados por comerciantes de Santiago.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola últimas vítimas mortais de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu esta mañá un minuto de silencio polas mulleres asasinadas o 20 de xuño en Madrid, e o 25 de xuño en Sevilla, vítimas de violencia machista.
ALCALDÍA
O alcalde de Santiago reclama na Ofrenda do Antigo Reino de Galicia a unión de todos para afrontar as dificultades
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, exerceu esta mañá na Catedral de Lugo de delegado oferente no acto da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia. Ao tradicional voto asistiron representantes das corporacións da Coruña, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela, Tui, Betanzos e Mondoñedo.
ANO SANTO
O alcalde destaca o papel do Camiño de Santiago na construción da Europa actual
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, destacou na inauguración da xornada "Os camiños de Santiago e outros itinerarios culturais: visións desde Europa", que Europa se foi construíndo arredor desas rutas de peregrinación cara Compostela que saían desde os distintos países do vello continente. O rexedor sinalou, na súa intervención, que os europeos aportamos ao mundo "os dereitos humanos, as liberdades políticas, a democracia, a cultura nos termos que coñecemos actualmente…...
ALCALDÍA
O campo de fútbol de Villestro leva dende hoxe o nome de Suso Conde
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presidiu o acto de homenaxe a Suso Conde, cuxo nome bautiza dende hoxe o campo de fútbol de Villesto. Ademais da súa familia, asistiron ao evento concelleiros e concelleiras de todos os grupos da Corporación municipal.