ACCIÓN CULTURAL
O Auditorio de Galicia inaugura a mostra 'Sempre Máis. Arte, ecoloxía e protesta na Galiza do Prestige'
A exposición, producida polo Auditorio a partir da iniciativa da asociación Unha Gran Burla Negra, inaugúrase o martes que vén, 24 de xaneiro, ás 20.00 horas. Comisariada por Germán López Labrador, permanecerá aberta todos os días ata o 21 de maio, con entrada de balde.
CIDADES PATRIMONIO
As 15 Cidades Patrimonio da Humanidade impulsan unha campaña de promoción internacional en Estados Unidos, Canadá e países europeos
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade España e Turespaña presentaron hoxe en FITUR o Plan operativo 2023 con accións promocionais en mercados emisores internacionais como Bélxica, Países Baixos, países nórdicos, Italia e Portugal, ademais de Estados Unidos e Canadá. Tamén se celebrou a primeira Asemblea do ano, presidida polo alcalde de San Cristóbal de la Laguna, que aprobou o Plan Operativo de Turismo e o orzamento do Grupo para 2023 e que contou coa presenza do concelleiro de Turismo de Santiago, Sindo Guinarte.