MEDIO AMBIENTE
Novos agasallos para os cidadáns que máis reciclen, dentro do programa Tropaverde
O edificio CERSIA de San Lázaro acolleu esta mañá a presentación da nova campaña "Reciclar en Santiago ten premio",dentro do programa Tropaverde. O acto, presidido polos concelleiros de Medio Ambiente, Mila Castro, e de Centros Socioculturais, Javier Fernández, departamentos impulsores do programa, tamén serviu para entregar os agasallos ás gañadoras do concurso de envoltorios "Santiago recicla o Nadal".
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A rede de Centros Socioculturais organiza distintas actividades en liña para celebrar o Entroido 2021 desde a casa
A Concellaría de Centros Socioculturais programou distintas actividades en liña para celebrar o carnaval dun xeito seguro e respectando as normas anticovid. Toda a familia poderá desfrutar, ata o 17 de febreiro, do "Entroido na casa", cun concurso de disfraces, unha comparsa virtual, e con xogos e espectáculos a través das redes sociais.
MOBILIDADE
A Policía local sanciona 11 vehículos de transporte escolar
Entre os días 22 e 26 de xaneiro a Policía local levou a cabo unha campaña de vixilancia específica das condicións dos vehículos de transporte escolar en colaboración coa Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia.