ALCALDÍA
Santiago falará de mobilidade sostible na nova edición do Foro das Cidades – Diálogos Medellín
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, participa esta tarde na segunda edición do Foro das Cidades-Diálogos Medellín, un encontro entre os axentes involucrados na xestión das cidades e expertos urbanos no marco dun debate construtivo para acadar cidades inclusivas, seguras, verdes, resilientes e sostibles.
SEGURIDADE CIDADÁ
Recepción aos novos mandos da Policía local
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, recibiron hoxe no Pazo de Raxoi os novos mandos da Policía local, acompañados polo xefe do corpo, José Ramón Silva.
COMERCIO
Os comerciantes terán ata o día 15 de decembro para solicitar as axudas destinadas a financiar o gasto corrente
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo esta mañá unha xuntanza coas asociacións de comerciantes Compostela Monumental, Fundación Santiago Centro, Em-Rede e Comercio Punto Compostela co obxectivo de "preparar a convocatoria da primeira axuda de 600.000 euros" destinada a financiar o gasto corrente dos negocios que se acollan a ela.
ALCALDÍA
Os rexedores de Santiago e Ames retoman o proxecto de senda peonil e ciclable entre ambos concellos
Xosé Sánchez Bugallo e José Minoñes mantiveron esta mañá un encontro no que abordaron as cuestións que afectan a ambos municipios; entre elas, o proxecto de senda entre Santiago e o Milladoiro, a EDAR ou a situación da pandemia.
POLÍTICAS SOCIAIS
Santiago de Compostela súmase ao Día mundial da loita contra a SIDA que este ano se celebra baixo o lema "Solidariedade mundial, responsabilidade compartida"
A Corporación Municipal do Concello de Santiago sumouse ao Día mundial da loita contra a SIDA, coa lectura dunha mensaxe da organización internacional ONUSIDA, un documento no que se apela á "solidariedade mundial e á responsabilidade compartida", que obriga a "contemplar respostas sanitarias mundiais" tanto para a VIH como para pandemias como a COVID19, desde unha nova perspectiva que pasa por, segundo o texto, o acceso garantido á saúde e total financiamento da mesa, o reforzo dos sistemas sanitarios, e o respecto aos...
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago organiza unha xornada para conmemorar o 35º aniversario da declaración da cidade como Patrimonio da Humanidade
O 4 de decembro do ano 1985 a cidade de Santiago de Compostela era declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Este venres, 4 de decembro, cúmprese o 35º aniversario de tan transcendental efeméride. Para conmemoralo, o Consorcio de Santiago vai celebrar unha xornada no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia; e, co fin de que poida chegar ao maior número de persoas posible, poderá seguirse tamén en directo desde as diversas canles do Concello.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobadas as bases do concurso de escaparates de Nadal 2020
A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe en sesión extraordinaria, aprobou as as bases do "Concurso de escaparates de Nadal 2020" que convoca o Departamento de Comercio do Concello de Santiago de Compostela, así como os gasto dos premios que ascenden a 11.000 euros. Establécense dous tipos de premios, os do xurado e os do público.
URBANISMO
A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico informa favorablemente a cuarta fase do despregamento de fibra óptica na Cidade Histórica
A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico, presidida pola concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, informou favorablemente, entre outros asuntos, a cuarta fase do "Proxecto de infraestutura de telecomunicacións para o despregue de Rede FTTH Orange/Jazztel na cidade histórica de Santiago de Compostela. Fase 4", que conta cun orzamento de execución material de 22.182,18 euros.