XUNTA DE GOBERNO
O Goberno acorda destinar fondos provinciais á reparación da Ponte de Vidán e á renovación da rúa Santa Teresa Jornet
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a participación do Concello na primeira fase do POS+Adicional 2019 da Deputación da Coruña, con tres proxectos aos que se destinarán case 725.000 euros. A maior contía, preto de 450.000 euros, será para a reparación e consolidación da Ponte de Vidán de Abaixo. Ademais, acometerase a rexeneración e reforzo do pavimento da calzada da rúa Santa Teresa de Jornet, cun orzamento de 220.000 euros; e acondicionarase un parque infantil en Coto dos Olmos, cunha partida de case 57.000 euros.
MERCADOS
Cuarta edición da campaña "Quere o teu mercado"
A concelleira de Mercados, Noa Morales, participou este xoves na Praza de Abastos na presentación dunha nova edición da campaña "Quere o teu mercado". Na rolda tamén estiveron a xerenta do Mercado de Abastos, Marta Rey, e a directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago conmemora o Día das Letras Galegas coa entrega de libros en galego a todas as persoas que visiten a Casa do Cabido este 17 de maio
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, este venres, 17 de maio, o Consorcio de Santiago fará entrega de publicacións en galego a todas as persoas que visiten a Casa do Cabido (na praza das Praterías) ao longo da xornada, ata que se esgoten as existencias.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
As escolas infantís municipais celebraron as Letras Galegas
As escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños dedicaron esta semana a celebrar a festa da familia, a das Letras Galegas e os Maios. Nenos e nenas traballaron en diferentes talleres nos que fixeron manualidades coas que agasallar ás súas familias.
ESPAZOS CIDADÁNS
Denuncia ante a agresión sufrida polo petróglifo do Castriño de Conxo
O Concello de Santiago vén de denunciar a agresión sufrida polo petróglifo do Castriño de Conxo, que apareceu danado, aparentemente por un obxecto punzante. O Departamento de Espazos Cidadáns solicitou á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta e á Policía Autonómica a súa colaboración para esclarecer os feitos.
ALCALDÍA
O XXVI Congreso da SEMG deixará un investimento de tres millóns de euros en Santiago de Compostela
Xa está todo listo para a celebración, entre o xoves 16 e o sábado 18 de maio, da XXVI edición do Congreso Nacional de Medicina Xeral e de Familia, que reunirá en Santiago de Compostela a 2.522 profesionais de Atención Primaria. O Palacio de Congresos acolle este evento, a cita anual máis destacada da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia (SEMG) e un dos congresos de maior repercusión económica que ten acollido a cidade.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
A quinta edición da Maker Faire Galicia celebrarase a principios de xullo e amplía a cinco as súas xornadas
A nova edición da Maker Faire Galicia vén con dúas novidades: celebrarase a principios do verán e, debido ao éxito das anteriores, pasará de 3 a 5 días de duración, ampliando as xornadas profesionais de unha a tres xornadas.
CONSORCIO
A Casa do Cabido acolle a exposición "Compostela monumental", con debuxos da cidade histórica realizados por Andrés Freire
A Casa do Cabido acolle a exposición Compostela monumental, que reúne debuxos da cidade histórica de Santiago realizados polo militar Andrés Freire Conde, artista autodidacta que comeza a debuxar e a pintar dende moi novo e aos seus 91 anos segue a manter a súa paixón pola pintura. Esta mañá inaugurábaa o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega. Ao acto asistiron, ademais do propio artista, a súa muller, Tutú García Cidón, e os seus fillos; a xerente do...
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Cambio de ubicación do Programa de Conciliación de Verán ao CEIP Vite 1
A Concellaría de Educación e Cidadanía comunica que, por razóns de seguridade, debido ao anuncio das obras que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vai realizar durante o verán no CEIP Raíña Fabiola, o Programa Municipal de Conciliación Escolas de Verán realizarase no CEIP Vite 1 (avenida do Burgo das Nacións, 8) e non no CEIP Raíña Fabiola, tal e como estaba previsto. Polas razóns expostas, calquera referencia ao CEIP Raíña Fabiola...
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Publicada a listaxe de renovacións e vacantes nos obradoiros de verán das escolas infantís municipais
As escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños teñen aberta a inscrición nunha nova edición dos seus obradoiros de verán, que se desenvolverán durante o período de vacacións escolares. Rematado o prazo de renovación, quedaron 37 prazas vacantes das 45 dispoñibles: 10 en Conxo, 13 nas Fontiñas e 14 en Meixonfrío. O prazo de presentación de solicitudes de novo ingreso estará aberto do 15 ao 21 de maio.