PATRIMONIO
O Grupo das 15 Cidades Patrimonio impulsa protocolos sanitarios común nos seus cascos históricos como destinos próximos e seguros
A concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, participou este xoves nunha xuntanza telemática do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España na que se abordou a crise sanitaria e como está a afectar á conservación e xestión do patrimonio. O presidente da Comisión de Patrimonio e alcalde de Mérida, Antonio Rodríguez Osuna, destacou que "acordamos impulsar un protocolo de actuación con medidas hixiénico sanitarias comúns no conxunto dos nosos centros históricos e contornas monumentais....
IGUALDADE
O CIM mantén o seu nivel de atención durante a crise sanitaria do COVID-19
Malia as dificultades ocasionadas polo estado de alarma e a crise sanitaria do COVID-19, o Centro de Información ás Mulleres está mantendo o seu nivel de atención en canto a número de usuarias que recorren a este servizo municipal, en relación á mesma época de anos anteriores. Isto é posible grazas a que no CIM se articularon as medidas necesarias para seguir garantindo a asistencia integral das vítimas de violencia de xénero e a adaptación das modalidades de prestación nestas circunstancias...
PERSOAL
A partir do luns restableceranse progresivamente as actividades dos servizos municipais non esenciais
A partir do luns, 18 de maio, restableceranse as actividades dos servizos municipais non esenciais afectados pola declaración do estado de emerxencia; e volverase ao horario ordinario de 8:00 h. a 15:00 h. previamente existente. Así o establece o Decreto emitido por Alcaldía de actuación para o persoal empregado público, con motivo da transición cara unha nova normalidade, na que se tivo especialmente en conta a importancia da conciliación familiar e laboral coa axeitada prestación de servizos.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
O vieiro de Clara Campoamor queda cortado ao tráfico dende mañá xoves
Con motivo das obras de reurbanización do vieiro de Clara Campoamor, esta rúa vai quedar cortada ao tráfico a partir das 8:00 horas de mañá xoves 14 de maio e ata o remate das obras. Os desvíos estarán sinalizados de tal xeito que sexa o túnel do Hórreo o que canalice o tráfico na zona sur da cidade (Castiñeiriño) a través da SC-11, avenida de Santiago de Cuba, e tamén para a entrada ou saída dende a SC-20 – N-550.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
REDEL celebra a súa Asemblea Xeral de xeito virtual e inicia unha reflexión sobre o futuro das axencias de desenvolvemento
Esta mañá tivo lugar a Asemblea Xeral da Rede de Entidades para o Desenvolvemento Local (REDEL), coa participación de 23 das 26 entidades que forman parte da rede, un encontro que se celebrou de xeito virtual.
SOLIDARIEDADE
Sindo Guinarte participa na Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
O concelleiro de Relacións Institucionais, Sindo Guinarte, participou hoxe na Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, na que os participantes amosaron a súa confianza en que, tras a superación da crise sanitaria da COVID-19 a nivel estatal, se abra un espazo de maior solidariedade e colaboración cos países do Sur, froito da reflexión sobre a interconexión entre os pobos e a importancia da solidariedade para superar os retos globais. A reunión celebrouse por vía telemática.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Os centros socioculturais propoñen cinco accións culturais dende a casa para celebrar as Letras Galegas
As Letras na casa e o título da proposta coa que a Rede de Centros Socioculturais quere celebrar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Ricardo Carvalho Calero. Do mércores ao domingo, as familias poderán desfrutar de cinco accións culturais online elaboradas especificamente para estas datas, accesibles a través da canle en YouTube do Concello de Santiago e da propia web municipal.
SOLIDARIEDADE
O Concello de Santiago participa na campaña #OsMunicipiosCooperan, impulsada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
Representantes das administracións locais socias do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e de países lusófonos como Mozambique, Cabo Verde, Guinea-Bissau ou São Tomé e Príncipe únense na campaña #OsMunicipiosCooperan, que busca reforzar a solidariedade internacional no contexto da crise xerada polo Covid-19. O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, participa nos vídeos de lanzamento, que poderán compartirse desde os perfís do Fondo Galego en
CONSORCIO
O Consorcio axiliza o "Programa Localízate" debido á "urxencia que teñen os comerciantes por adaptar os seus locais ás esixencias da nova normalidade"
O Consorcio de Santiago destinará este ano un total de 35.000 euros á rehabilitación dos locais comerciais da cidade histórica a través do seu Programa Localízate. As solicitudes e a documentación poderán presentarse no rexistro do Consorcio, situado no número 59 da rúa do Vilar, ou en calquera outro rexistro. O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 12 de xuño.
EDUCACIÓN E SEGURIDADE CIDADÁ
Complétase a entrega de equipos de conexión aos centros educativos, aos que tamén se lles reparte material de protección
A Concellaría de Educación completa hoxe a entrega de equipos de conexión cos que o Concello de Santiago de Compostela pretende paliar a fenda dixital que existe entre o alumnado. Unha fenda que se está facendo máis perceptible coa crise sanitaria, visible sobre todo nos datos de seguimento do actual curso, que os/as escolares teñen que realizar online. Son 50 routers con SIM incorporada; outras 50 tablets, tamén con SIM incorporada; e 40 tarxetas SIM para garantir a conectividade a través doutros equipos móbiles as que...