MEDIO AMBIENTE
Ortiga porá o peche á campaña #VotaCarballo
O artista Ortiga súmase á campaña para que o Carballo de Conxo se convirta en Árbore Europea 2022 e dará un concerto este venres 19 na praza Aurelio Aguirre, un día antes de que se peche a fase nacional do certame, que finaliza o sábado ás 23.59 h. As entradas son de balde e poden retirarse no Teatro Principal o xoves e o venres (10.00 a 14.00 horas) co único requisito de votar pola árbore.
EDUCACIÓN
Marina Gibert recibe mañá o "Premio internacional Compostela para álbums ilustrados" pola obra Selva
A xerundense Marina Gibert recibirá mañá o "Premio internacional Compostela para álbums Ilustrados", pola obra "Selva", gañadora desta décimo cuarta edición do concurso, convocado polo concello de Santiago coa colaboración da editorial Kalandraka. O acto de entrega terá lugar ás 12:30 h.; no Salón Nobre do Pazo de Raxoi. As librerías Couceiro, San Pablo, Follas Novas e Merlín e Familia, xa teñen decorados os escaparates coa obra premiada.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobada a modificación da ordenanza para fraccionar o pago de distintos tributos e a concesión da axudas para actividades de promoción e dinamización comercial
A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe en sesión extraordinaria, aprobou, inicialmente, a modifiación da ordenanza que regula o pago de tributos, para incorporar o abono personalizado; e a concesión das "Axudas á realización de actividades de promoción e dinamización comercial no Concello de Santiago para o ano 2021", por un importe total de 74.285,28 euros.
URBANISMO
Nota aclaratoria acerca do achádego dunha pedra cunha inscrición durante as obras de Raxoi
A pedra cunha inscrición localizada nas obras de Raxoi data do ano 1595. Desde o concello de Santiago trabállase coa hipótese de que se recolocou no umbral da porta de acceso leste da estancia abovedada que formou parte do espazo carcelario que existiu no Pazo de Raxoi, no momento en que se abordou a construción do Seminario de Confesores, no século XVIII.
POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
Un total de 35 finalistas aspiran a gañar os V Premios Youtubeiras na gala de entrega presentada por Tanxugueiras
O xurado, constituído por Fernando Ramallo, Adrián Lede, Noemí García, Sonia Méndez e Esther Estévez, escolleu como finalistas na categoría de Youtubeira/o a Olanxonmario, Neeumátiko e Cousxs. Os dous primeiros tamén aspiran a levar a galardón de Canle, xunto a O Son das ideas. Youtubeiras recupera neste 2021 a gala presencial, que este ano se celebrará na casa da cultura de Bertamiráns (Ames) o venres 26 ás 20.00 h. Os convites para asistir como público están dispoñibles dende hoxe...
TURISMO
"Unha viaxe extraordinaria", a nova aposta de promoción do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade
Turismo de Santiago deu a coñecer esta mañá a produción audiovisual lanzada polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España para poner en valor as 15 cidades recoñecidas pola UNESCO.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local aproba a concesión dos cheques de consultoría de "Coidar para mellorar"
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a resolución da convocatoria de concesión de cheques de consultaría do programa de comercio "Coidar para mellorar. Anualidade 2021". Dezanove negocios beneficiaranse dun total de 33 cheques, 9 son de escaparatismo, 12 de comunicación comercial e outros 12 de transformación dixital.
MEDIO RURAL
Visita ás obras de reparación e consolidación da Ponte de Vidán
O pasado mércores, no marco das obras de reparación e consolidación da Ponte de Vidán promovidas pola Concellería de Medio Rural do Concello de Santiago de Compostela, iniciouse a instalación do novo taboleiro para a ampliación da sección transversal da ponte. O alcalde e o concelleiro de Medio Rural estiveron presentes no inicio desta fase das obras e puideron comprobar a complexidade da operación.
SMARTIAGO
Remata a formación sobre innovación avanzada para traballadores municipais no marco de Smartiago
Un total de 14 traballadores municipais do Concello de Santiago remataron onte a actividade formativa sobre innovación avanzada que se desenvolveu no marco do proxecto Smartiago.
SMARTIAGO
Finaliza la formación sobre innovación avanzada para trabajadores municipales en el marco de Smartiago
Un total de 14 trabajadores municipales del Ayuntamiento de Santiago finalizaron ayer la actividad formativa sobre innovación avanzada que se desarrolló en el marco del proyecto Smartiago.