ACCIÓN CULTURAL
Compostela lembrou a Rosalía no 183 aniversario do seu nacemento
Un 24 de febreiro de 1837 nacía Rosalía de Castro en Santiago de Compostela. Para conmemorar o 183 aniversario dese nacemento estase a celebrar un ano máis o Día de Rosalía. No marco desta efeméride, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, participou este luns nos actos organizados pola Fundación Rosalía de Castro.
FESTAS
O Meco preside xa o Entroido de Compostela
O Meco subiu este sábado ao Pazo de Bendaña para presidir dende a praza do Toural o Entroido compostelán. As actividades prolongaranse ata o mércores 26, cando o boneco arderá na praza Roxa.
CONSORCIO
Últimos días para solicitar as axudas do Consorcio para mellorar o mantemento exterior, carpinterías e a eficiencia enerxética dos inmobles da cidade histórica
O Consorcio de Santiago ten en marcha unha nova convocatoria do programa Ter é manter, dirixido ao mantemento e mellora da eficiencia enerxética da envolvente exterior dos edificios da cidade histórica de Santiago, que inclúe ademais as actuacións sobre os elementos especiais de madeira e reixas. O organismo interadministrativo destinará a esta convocatoria un importe global de 300.000 euros. O prazo para solicitar estas axudas remata o vindeiro 2 de marzo.
ALCALDÍA
O turismo de congresos, unha das liñas extratéxicas do Goberno municipal
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, saudou este venres os/as asistentes ao 32 Congreso Nacional OPC Spain, de organizadores profesionais de congresos, acompañado polo concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte.
ALCALDÍA
Constituída a comisión municipal de Peleteiro
Este venres quedou constituída a comisión municipal que abordará o desenvolvemento da parcela de Peleteiro. Nesta xuntanza, Gesvalt, a empresa á que o Concello encargou a realización dun estudo de posibles usos para o antigo centro educativo, presentou as súas conclusións.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Reunión do Grupo Provincial de Coordinación para a Seguridade Viaria
As dependencias da Policía Local de Santiago acolleron este venres unha xuntanza do Grupo Provincial de Coordinación para a Seguridade Viaria, da que forman parte representantes da Policía Local de diferentes concellos e da Garda Civil.
FESTAS
Unha festa fareleira, desfiles e atranques para celebrar o Entroido
O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, presentou este xoves a programación do Entroido en Compostela. O Meco subirá ao Pazo de Bendaña este sábado para presidir unha celebración que se prolongará ata o mércores 26, cando o boneco arderá na praza Roxa. A xornada grande volverá a ser o martes, co desfile e concurso de carrozas, comparsas e disfraces, e a novidade deste ano será a festa fareleira prevista para o luns 24.
ALCALDÍA
O alcalde abordou con Santiago Centro o proxecto Peleteiro e a peonalización de Xeneral Pardiñas
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo reuniuse co presidente e co secretario do Padrodado de Fundación Santiago Centro, José Mª Fernández e Delmiro Prieto. No encontro tamén participou a concelleira de Urbanismo Mercedes Rosón. Entre os asuntos tratados figurou o proxecto Peleteiro, "un tema fundamental para a cidade", segundo o rexedor, que cre necesario desenvolver coa maior rapidez posible. "Gustaríanos, a partir do mes de abril, tomar decisións e poder iniciar ou reiniciar a tramitación dese...
ACCIÓN CULTURAL
O Goberno local apoia a creación dun Conservatorio Profesional de Danza en Santiago de Compostela
As concelleiras de Acción Cultural, Mercedes Rosón; e de Educación, Noa Díaz, reuníronse hoxe con representantes da Plataforma Conservatorio de Danza en Compostela. Durante o encontro, tranmitíronlle o apoio do goberno local de Santiago á posta en marcha dun conservatorio profesional de danza na cidade.
ACCIÓN CULTURAL
Producións Teatrais Excéntricas celebra o seu 15 aniversario con "Medida x Medida", dirixida por Quico Cadaval
Será con dúas funcións este venres 21 e o sábado 22 no Auditorio de Galicia a partir das 20.30 h e ao remate da función do venres, haberá #posfuncion co equipo técnico e artístico e o público. As entradas, a 12€ (cos descontos habituais do 50%) poden mercarse en compostelacultura.gal, no despacho de billetes do Teatro Principal e os días de función no propio Auditorio de Galicia.