DEPORTES
Santiago acolle esta fin de semana a primeira proba do Campionato de España e de Galicia de Enduro
Compostela acollerá a proba inicial do Campionato Nacional de Enduro. Do venres 17 ao domingo 19 de febreiro, os circuítos dispostos na contorna do Estadio Verónica Boquete acollerán á elite a nivel nacional deste deporte de resistencia e habilidade.
ACCIÓN CULTURAL
Volve o Festival Rosalía ás rúas compostelás para festexar o galego como "o noso superpoder"
O Festival, que terá lugar o venres 24 e o sábado 25, ofrecerá actividades para todos os públicos, con concertos, paseos literarios, un faladoiro, exposicións de traballos escolares e a feira de produtos rosalianos. O Concello de Santiago colabora nesta iniciativa organizada pola Deputación da Coruña e que se desenvolverá en varios espazos da cidade vella como a praza de Cervantes, o Teatro Principal, o CSC Maruxa e Coralia e o Colexio Maior de Santo Agostiño.
ACCIÓN CULTURAL
Redrum Teatro convida ao público a reflexionar sobre os abusos infantís no espectáculo ‘Hamelin’ de Juan Mayorga
Redrum estrea o seu último traballo o vindeiro 23 de febreiro no Teatro Principal de Compostela, onde repetirá un día despois antes de realizar paradas en Cangas, Pontevedra, A Illa de Arousa, Lugo, Teo e Verín. A obra, dirixida e adaptada por Alex Sampayo, está protagonizada por un elenco de sete intérpretes formado por Guillermo Carbajo, Mónica García, Roberto Leal, Machi Salgado, Belén Constenla, Fran Lareu e Rubén Porto.
CONSORCIO
Últimos días para solicitar as axudas á rehabilitación de vivendas do programa 'Ter é Manter'
O Consorcio de Santiago lanzou o pasado mes de xaneiro un novo programa de axudas á rehabilitación dos elementos especiais de madeira e reixas e ao mantemento da envolvente exterior das vivendas da Cidade Histórica compostelá cun importe de 900.000 euros. As axudas destinadas a este fin poderán solicitarse ata o 20 de febreiro ás 14:00 h.
CULTURA
O alcalde felicita a Luis Zahera logo de recibir o Goya a mellor actor de reparto por ‘As Bestas’
O actor, natural de Santiago -do barrio da Estila, na Avenida de Salamanca-, aproveitou o encontro co alcalde e a concelleira de Acción Cultural para "ofrecer o galardón á cidade", aínda que recoñeceu que a encargada de custodiar o cabezón será a súa tía, na cidade da Coruña "mira, un compostelán que garda os Goyas na Coruña, onde chegamos" chanceou Zahera a preguntas das xornalistas.