POLÍTICAS SOCIAIS
A campaña ‘Canto sabe(s)?’ será o eixe central da sexta edición do programa Compostela + Solidaria
A Coordinadora Galega de ONGD e o Concello de Santiago poñen en marcha a VI edición de Compostela + Solidaria, un programa de sensibilización e divulgación que se levará a cabo do 3 ao 17 de xuño en distintos espazos da cidade. A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, e a portavoz da coordinadora, María Paz, deron conta as actividades en rolda de prensa.
URBANISMO
A Comisión Mixta do Peleteiro, reunida hoxe, coincide na necesidade de que o proxecto debe saír adiante
A "Comisión Mixta para o desenvolvemento urbanístico da parcela do antigo Colexio Peleteiro", reunida hoxe, coincidiu na necesidade de que o proxecto debe saír adiante. Ademais, no encontro, os distintos grupos da Corporación Municipal amosaron o seu compromiso para a construción, nese espazo, dun centro de día.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia participará no Festival de Santander acompañada do trompetista Pacho Flores
O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá a súa Comisión Executiva. A xuntanza, que tivo lugar de xeito semipresencial, estivo presidida polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Xosé A. Sánchez Bugallo.
COMERCIO
Arranca Prima 21, a festa do comercio local
O xoves 3, o venres 4 e sábado 5 de xuño de 2021 terá lugar en distintos barrios de Santiago a festa do comercio local Prima 21, dentro da campaña de promoción comercial Eu merco aquí, un evento que xorde con vocación de continuidade, co fin de consolidar unha festa do comercio en primavera. O alcalde, o concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños; os voceiros do PP, Alejandro Sánchez-Brunete, e do BNG, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Compostela Aberta Branca Novoneyra, visitaron as principais rúas comerciais...