ACCIÓN CULTURAL
Ilustración e feminismo cóllense da man na edición de primavera de Compostela Ilustrada
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, presentou esta mañá a edición de primavera de Compostela Ilustrada, protagonizada por mulleres e que se desenvolverá do mércores 5 ao sábado 8 de maio. Estivo acompañada por Gemma Sesar, coordinadora das actividades.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo reivindica o papel do "grupo dos dezaseis", redactores do texto que serviu de base ao Estatuto de Autonomía
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asistiu hoxe á inauguración, no Museo do Pobo Galego, da exposición Unha Galicia mellor: 40 anos do Estatuto de Autonomía, 1981-2021. Durante a súa intervención, o rexedor amosou o seu desexo de que o documento normativo, "se pode ser ampliado e mellorado", continúe vixente moitos anos "e siga rendendo tan bos froitos para o conxunto de Galicia e o conxunto do Estado".
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada onte en Bisbal del Penedès (Tarragona), vítima da violencia machista.
ALCALDÍA
Xuntanza do alcalde e o secretario de Estado de Seguridade
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse esta mañá co secretario de Estado de Seguridade, Rafael Pérez, de visita na capital de Galicia para tratar cuestións de seguridade relativas ao Ano Santo 2021-2022. No encontro tamén estiveron presentes o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago vai substituír as cubertas do Pazo de Raxoi para evitar as filtracións da auga da choiva ao interior do inmoble
O Consorcio de Santiago acaba de adxudicar as obras de substitución das cubertas do Pazo de Raxoi por un importe global de 706.701,14 €. A empresa adxudicataria é Obras Gallaecia, S.L. Prevese un período de execución estimado de seis meses.