EDUCACIÓN
O alcalde de Santiago e o concelleiro de Educación visitan as actividades de conciliación na Ludoteca de Fontiñas
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Educación, Rubén Prol, visitaron o Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes para coñecer de preto as actividades lúdico-educativa dirixidas á infancia no marco do Programa de Conciliación de Nadal
DEPORTES
Máis de 1.100 inscricións nunha nova edición da San Silvestre marcada polas medidas anti-covid
A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, presentou en rolda de prensa a oitava edición da San Silvestre compostelá, na que os participantes deberán correr con máscara e en grupos de 300 persoas por mor das medidas sanitarias para a contención da pandemia. A saída será desde a Avenida de Xoán XXIII e a meta será na Praza do Obradoiro.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada en Elxe (Alacante) vítima de violencia machista.
MEDIO AMBIENTE
Santiago presentará o proxecto para elaborar a Estratexia de infraestrutura verde e adaptación ao cambio climático, que suma preto de 5 millóns, ás axudas convocadas pola Fundación Biodioversidad
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo e a concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, confirmaron en rolda de prensa que o Concello se presentará á convocatoria de axudas da Fundación Biodiversidad para fomentar actuacións dirixidas á renaturalización e resiliencia de cidades españolas. O proxecto, de preto de 5 millóns, podería obter unha subvención de ata 4 millóns.
ACCIÓN CULTURAL
Preséntase o caderno divulgativo "As casas do Concello", do que se editaron 10.000 exemplares
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; acompañada da investigadora e especialista en historia e patrimonio, Mercedes Vázquez Bertomeu; presentou o caderno "As casas do Concello". A publicación describe a evolución do concepto de Concello desde as primeiras asembleas veciñais abertas na Idade Media ata a adquisición total do Pazo de Raxoi en 1968, a través dun traballo de investigación rigoroso, cun formato divulgativo, no que destaca o deseño e contido.