FACENDA
Aberto do 5 de xullo ao 5 de outubro o prazo de pagamento do IBI
A Concellaría de Facenda informa da apertura, o vindeiro 5 de xullo, do prazo de pagamento voluntario do Imposto de Bens Inmobles (IBI) de natureza rústica, urbana ou de características especiais correspondente ao exercicio 2020. O prazo estará aberto ata 5 de outubro.
ALCALDÍA
O alcalde reitera a importancia do Polo de Innovación en Biotecnoloxía para "xerar empresas e postos de traballo cualificados"
Tras a sinatura esta semana do Acordo da Sionlla, que senta as bases da creación do Polo de Innovación en Biotecnoloxía, o alcalde reiterou o compromiso municipal con esta iniciativa, que "apoiamos e na que estamos detrás dende o minuto un". Así, Xosé Sánchez Bugallo reiterou a importancia deste Polo para "ampliar a base económica da cidade e xerar empresas e postos de traballo moi cualificados" e para "darlle contido económico a moitos traballos de investigación que nacen na USC e que ata gora...
FESTAS
Última xornada de "Prima20" con tres actividades no barrio de San Pedro
Prima20, a festa do comercio local, celebra este sábado a súa última xornada cunha programación especial no barrio de San Pedro na que se inclúen contos, danza e pasarrúas.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Activación do radar do paso inferior de Conxo con capacidade sancionadora a partir do vindeiro luns
A Concellaría de Mobilidade e Seguridade Cidadá lembra que o radar de control de velocidade no paso inferior de Conxo entrará definitivamente en funcionamento, con capacidade sancionadora, este vindeiro luns, 6 de xullo.
MOCIDADE
Mocidade abre este luns a preinscrición nos seus campamentos de verán
A Concellaría de Mocidade vai realizar este verán dous campamentos, en Oleiros (A Coruña) e en San Xoán de Río (Ourense), entre o 24 e o 31 de xullo e entre o 3 e o 7 de agosto, respectivamente. O prazo de preinscrición estará aberto dende o luns 6 ao xoves 9 de xullo.