EDUCACIÓN
Uns 150 menores participan no "Verán CampUSC 2020", no que colabora a Concellaría de Igualdade
A concelleira de Igualdade, Noa Díaz; e a vicerreitora de Igualdade da Universidade de Santiago, Mar Lorenzo; visitaron hoxe Verán CampUSC 2020, no que participan 150 menores de entre 4 e 17 anos, divididos en varias quendas. Noa Díaz agradeceu á USC que continúe con este programa, no que tamén colabora o Concello de Santiago, e sinalou que "iniciativas como esta son importantes, sobre todo nun ano como este que estiveron tres meses confinados".
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o asasinato de dúas mulleres esta semana en Barcelona e en Torrejón de Ardoz (Madrid), vítimas da violencia machista.
FESTAS
Un pregón de homenaxe en tempos da Covid-19 e "O recuncho da comedia" abren o Apóstolo 2020
As festas do Apóstolo 2020 arrincan mañá venres cun pregón no que se mesturará o humor coa lembranza ás vítimas da Covid-19 e o recoñecemento a todos aqueles colectivos tan importantes durante esta pandemia para garantir a nosa saúde, a nosa seguridade e o noso benestar. Comezan así 15 días de celebración, con propostas para todos os públicos e en formatos máis reducidos e seguros.