XUNTA DE GOBERNO
O servizo de comedor escolar continuará en xullo e agosto grazas á colaboración con Afundación
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria, aprobou a continuidade do servizo de comedor escolar durante os meses de xullo e agosto. A fundación Galicia Obra Social (Afundación) asume durante estes dous meses este servizo, que se prestará nos centros socioculturais de Cornes e Vite.
FESTAS
Xa se poden reservar as entradas para os eventos das festas do Apóstolo
Dende o mediodía deste luns, 13 de xullo, xa se poden reservar as entradas para asistir aos diversos eventos das festas do Apóstolo 2020 a través da web reservas.gal. Todas as actividades son de balde, pero cómpre esta reserva para así ter un control dos aforos e poder garantir as distancias de seguridade.
CONSORCIO
O Consorcio conclúe os traballos no muro da Selva Negra, que presentaba risco de desprendemento sobre a estrada Santiago-Figueiras
O Consorcio de Santiago rematou a intervención no muro sur do parque forestal da coñecida como Selva Negra, unha zona verde situada no monte Pedroso, propiedade do organismo interadministrativo e xestionada polo Concello de Santiago. O muro presentaba risco inminente de desprendemento sobre a estrada DP-7803 Santiago-Figueiras, polo que se procedeu á súa consolidación. A intervención, executada pola empresa Alpanide, supuxo un investimento de 7.933,56 euros.