PROXECTOS EUROPEOS
O edificio Cersia acollerá unha xornada de presentación local do proxecto Trafair o xoves 23
O vindeiro xoves 23 de xaneiro, o edificio Cersia será a sede da presentación local do proxecto europeo Trafair. A xornada, que será inaugurada polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, contará con catro mesas redondas nas que se abordarán diversos ámbitos deste programa.
ACCIÓN CULTURAL
"Á escena!" programa 27 espectáculos de teatro, danza e circo para o primeiro semestre de 2020
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, presentou esta mañá o programa Á escena! Temporada de artes escénicas 2020, que recolle 27 espectáculos de teatro, danza e circo para o primeiro semestre deste ano. Serán un total de 36 funcións que se desenvolverán no Auditorio de Galicia e no Teatro Principal dende o 16 de xaneiro ata o 4 de xuño.
URBANISMO E TURISMO
O Concello e a Xunta reforzarán a cooperación na regulación das vivendas de uso turístico
O Concello de Santiago e a Xunta de Galicia participaron este mércores na primeira reunión do equipo de traballo entre ambas institucións para intensificar a coordinación e colaboración ao redor das vivendas de uso turístico.