CULTURA
Curtocircuíto pechou unha nova edición coa entrega de premios ás curtas gañadoras
O Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto, pechou esta edición coa gala de clausura, na que se entregaron os premios ás mellores curtas das diferentes categorías. Á gala seguiulle un cineconcerto con Mano de Obra e a proxección das curtametraxes gañadoras.
EDUCACIÓN
Concerto da Escola Municipal de Música no marco do 800º aniversario da Catedral
A Banda, a Orquestra e o Coro da Escola Municipal de Música ofreceron un concerto na praza das Praterías, no marco do 800º aniversario da Catedral de Santiago e da exposición Compostella Dicitur.
CULTURA
A Banda Municipal remata o Ciclo de Novos Intérpretes Galegos
Na programación da temporada 2011-2012, a Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela puxo en marcha o Ciclo de Xóvenes Intérpretes Galegos. O último dos concertos contará coa participación do trombón Daniel Rubial.
ALCALDÍA
Un grupo de escolares franceses visitou o Concello no marco dun programa de intercambio co Colexio Peleteiro
A concelleira Reyes Leis recibiu en Raxoi un grupo de escolares franceses do Collège Le Mourion, da vila francesa de Villeneuve-lès-Avignon.
DEPORTES
O pavillón de Vite acolle o Campionato de España Sub-16 de Hóckey Feminino
Os días 11, 12 e 13 de maio, o Pavillón Polideportivo de Vite acollerá o Campionato de España de Hóckey a Patíns Feminino de clubs na categoría Sub-16. Na proba, organizada polo Club de Hóckey Compostela e pola Federación Galega de Patinaxe, competirán oito clubs de Galicia, Asturias, Cataluña e Madrid.
ALCALDÍA
Rebeca Domínguez marca a conciliación familiar como unha das súas prioridades á fronte da Concellería de Educación
O alcalde compostelán, Ángel Currás, presentou á que será a nova concelleira de Educación e Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez. A edil tomará posesión da súa acta no Pleno extraordinario convocado para o venres 11.
EMPREGO
O Concello organiza unha xornada de traballo para promover a dinamización do mercado local de emprego
O alcalde compostelán, Ángel Currás, abrirá a xornada de traballo Estratexias de colaboración público-privada para a dinamización do mercado do emprego no contexto local. O encontro celebrarase no Hostal dos Reis Católicos a partir das 10:00 horas.
BENESTAR SOCIAL
Segunda xornada do programa "ACTÍVA-T"
Dez alumnas e alumnos participaron no segundo dos obradoiros encadrados dentro do Programa ACTÍVA-T, organizados polo Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte-SS.SS en colaboración co Centro Social Albergue Juan XXIII". Desta vez o taller levaba por título Elaboración e decoración de doces caseiros.
ECONOMÍA
BIC Galicia e o Concello colaboran en dous seminarios para emprendedores
BIC Galicia colabora coa Concellería de Economía na organización de dous seminarios dirixidos a emprendedores, Creación de proxectos de empresa e Seminario para a motivación emprendedora, que se celebrarán no Cersia, edificio municipal para o desenvolvemento económico da cidade a través do apoio ás empresas e aos emprendedores. Ambos seminarios encádranse dentro do programa Santiago Investors Support.
BENESTAR SOCIAL
Rapaces e maiores de Vite confeccionaron unha singular bandeira europea
O Centro Sociocultural José Saramago de Vite acolleu unha entrañable actividade interxeneracional, na que rapaces do barrio e persoas maiores compartiron por unhas horas a tarefa de confeccionar conxuntamente a bandeira europea. Para a súa elaboración empregaron madalenas e galletas, que foron decoradas polos propios participantes na actividade.