ALCALDÍA
Encontro de Agustín Hernández cos responsables de coordinación e seguimento da última etapa da Volta Ciclista a España
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, mantivo pola mañá unha reunión cos responsables de coordinación e seguimento da etapa final da Volta Ciclista a España.
ALCALDÍA
Agustín Hernández recibiu unha delegación do Grupo Cidades Patrimonio
O Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España, do que Santiago de Compostela é membro fundador, foi un dos patrocinadores desta edición da Volta Ciclista a España. Con tal motivo, unha delegación do Grupo, encabezada polo seu actual presidente e alcalde de Alcalá de Henares, Javier Bello, desprazouse a Santiago para a última etapa e foi recibida polo alcalde compostelán, Agustín Hernández.
ALCALDÍA
Santiago de Compostela viviu nas rúas o mellor ciclismo e proxectouse ao mundo na última etapa da Volta Ciclista a España
Composteláns e visitantes saíron ás rúas da cidade para gozar, malia a choiva, da última etapa da Volta Ciclista a España. A proba contra o reloxo entre a Cidade da Cultura e a praza do Obradoiro, gañada polo corredor italiano Adriano Malori, puxo fin a esta edición de La Vuelta, gañada por Alberto Contador. Foi unha xornada de deporte e de lecer, con diversas actividades paralelas á carreira, e unha oportunidade para proxectar Santiago cara o mundo a través dun evento que chega a 178 países.
ALCALDÍA
O alcalde agradece a elección de Santiago para a terceira edición da Taiwan Excellence
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, acompañado polas concelleiras Reyes Leis e Marta González, asistiu á inauguración na praza do Obradoiro de Taiwan Excellence e participou na entrega dos galardóns á Excelencia ao Deporte. Con motivo da chegada a Santiago da Volta Ciclista a España, dende as 10:00 ás 20:00 horas, Taiwan Excellence ofrece unha xornada de exhibición, gratuíta e aberta a todo o público, para dar a coñecer a excelencia dos produtos da industria taiwanesa.
ALCALDÍA
Os máis pequenos tamén viviron a súa etapa ciclista na Volta Junior
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, participou ao longo da xornada en diversos actos relacionados coa última etapa da Volta Ciclista a España e coa programación paralela organizada arredor da mesma. Así, antes da proba dos profesionais, o alcalde cortou a cinta de saída da Volta Junior. Logo, a concelleira de Deportes, María José Corral, entregou as medallas no Obradoiro.
CULTURA
A semana oficial do festival Curtocircuíto celebrarase do 6 ao 11 de outubro
O alcalde de Santiago e presidente do consello Reitor do Auditorio de Galicia, Agustín Hernández asinou o contrato de dirección do Festival de Curtametraxes Curtocircuíto con Pela del Álamo, realizador e produtor de recoñecido prestixio.
ALCALDÍA
O alcalde entregou os trofeos da II Ruta Cabaleiros do Pedroso
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, presidiu a entrega de trofeos da II Ruta Cabaleiros do Pedroso. O acto celebrouse no campo de fútbol de Figueiras, punto de inicio e de remate do percorrido.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
Obradoiro de fabricación de xoguetes con materiais de refugallo no CIAC
O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) programou para este sábado 13 de setembro, ás 17:30 horas, un obradoiro de fabricación de xoguetes con materiais de refugallo.
XUNTA DE GOBERNO
Máis de 340.000 euros para o arranxo de 37 pistas en 17 parroquias do rural compostelán
A Xunta de Goberno adxudicou por 341.946 euros as obras de arranxo de 37 pistas en 17 parroquias do rural compostelán. Actuarase sobre case 83.000 metros cadrados.
CULTURA
"Atlas de geografía humana", de Almudena Grandes, dentro do ciclo Teatro & Danza
O Centro Dramático Nacional e A priori Producciones traen ao Teatro Principal Atlas de geografía humana, de Almudena Grandes, obra teatral protagonizada por Ana Labordeta, Ana Otero, Arantxa Aranguren e Rosa Savoini. Dentro do ciclo Teatro & Danza e dirixida por Juanfra Rodríguez, poderemos vela o domingo 14, ás 21:00 horas, no Teatro Principal. As entradas están xa á venta a un prezo de 18 euros (16 € no anfiteatro) no despacho de billetes do propio Principal, aberto de 18.00 a 21.00h, e en ABANCA (web e teléfono).