MEDIO AMBIENTE
Comeza o proceso para transferir a Tropa Verde a outras cidades europeas
Esta mañá celebrouse en Budapest a primeira reunión da Rede de Transferencia do programa europeo Urbact que lidera o Concello de Santiago, a través do programa Tropa Verde. Ao longo dos seis próximos meses, a rede tratará de captar novas cidades participantes, que se sumen a Budapest, o distrito 14 de Zuglo (Hungría), a Aglomeración de Opole (Polonia), Metrópoli Nice Costa Azul (Francia), Pavlos-Melas (Grecia) e Guimaraes (Portugal).
COMERCIO
Belvís acolle a segunda edición da Feira da Cervexa Artesá "Compos Beer Fest"
Chega a Compostela a segunda edición da Feira da Cervexa Artesá Compos Beer Fest, que se celebrará no parque de Belvís os días 15, 16 e 17 de xuño. Ao longo dos tres días que vai durar o evento poderase degustar case un cento de cervexas artesás diferentes.
FACENDA
Comeza o prazo para presentar propostas aos Orzamentos Participativos
Xa está aberto o prazo para presentar propostas para o proceso de Orzamentos Participativos Compostela Decide 2019. Dende onte, 11 de xuño, e ata o 6 de xullo calquera persoa maior de 16 anos pode facer as súas propostas de investimentos e de actividades, destinadas ao conxunto de Compostela, ao seu barrio ou parroquia, a actividades para a mocidade ou ás festas do Apóstolo do ano que vén.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Compostela e Santiso xúntanse para celebrar o Día Europeo da Música
A Escola Municipal de Música de Santiago e a Banda de Música de Visantoña van celebrar conxuntamente en Compostela o Día Europeo da Música, cun programa impulsado pola Concellaría de Educación e Cidadanía. A celebración será o próximo sábado e encherá de música as prazas das Praterías e do Toural.
FESTAS
Aclaración sobre supostas irregularidades na xestión da Festa dos Maiores no período 2012-2016
Diante da publicación de hoxe en El Correo Gallego dun "suposto caso de malversación" e da tentativa de "tapar graves irregularidades" na xestión da Festa dos Maiores, o Concello de Santiago informa de que actualmente está aberta unha información reservada sobre a xestión desta celebración nas súas edicións de 2012 a 2016.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello ponse a disposición da FEMP para colaborar na acollida ás persoas que viaxan no buque Aquarius
O Concello de Santiago vén de comunicarlle á Federación Española de Municipios e Provincias o seu interese en participar na acollida ás persoas que viaxan a bordo do buque Aquarius. O Goberno local remitiralle nas próximas horas á FEMP un informe sobre as medidas habitacionais e non habitacionais coas que Compostela pode colaborar nese dispositivo.
LINGUA
Case 300 imaxes participaron na terceira edición de Fotolingua
O concurso Fotolingua vén de pechar a súa terceira edición, coa presentación de case 300 imaxes únicas de establecementos de Santiago que utilizan o galego nas súas comunicacións. Na pasada convocatoria, rexistráranse un total de 98 fotografías, algunhas delas publicadas por duplicado nas dúas redes sociais utilizadas no certame, Facebook e Instagram.
CENTROS CÍVICOS
Volta e Dálle representa "Dura Lex" en Fontiñas
O mércores 13 de xuño, ás 20:00 horas, a compañía Volta de Dálle representará a obra Dura Lex no Centro Cívico das Fontiñas. Despois da representación haberá un coloquio co público sobre a liberdade de expresión e a "Lei Mordaza" no que participará o colectivo EsCULcA (Observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades).
IGUALDADE E MEDIO RURAL
Un encontro no Centro Cívico de Laraño pecha os Obradoiros de empoderamento no rural
Os Obradoiros de empoderamento do rural botan o peche cun gran encontro no Centro Cívico de Laraño, que permitirá que ás mulleres que participaron na actividade nas distintas parroquias de Compostela poñan en común as súas experiencias. A xuntanza será o mércores, 13 de xuño, a partir das 17:00 horas. O obxectivo é fomentar a creación dun espazo de convivencia entre as mulleres das parroquias e impulsar o asociacionismo neste ámbito. A concelleira de Igualdade, Marta Lois, e o edil de Medio Rural,...
CONSORCIO
Alumnado da Escola de Altos Estudos Musicais ofrece mañá martes un novo concerto no Paraninfo da Universidade de Santiago
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) ten en marcha a iniciativa A Escola na Cidade, un ciclo de concertos de música de cámara interpretados polos alumnos e alumnas do Curso Avanzado de Especialización Orquestral do centro. As entradas destas actuacións son gratuítas ata completar aforo.