BENESTAR SOCIAL
O ciclo "MusiCompostela" comeza co concerto de Vizarros e Vicky Polard
O sábado 10 de marzo, comeza na sala Moon, ubicada na rúa República Arxentina nº 25, o ciclo de concertos sen alcohol MusiCompostela, que se encadra no Plan Local de Prevención de Drogodependencias do Concello de Santiago.
CULTURA
"Chamada desde o máis alá", de Fusa Guillén, no Teatro Principal
Continúa a programación de Teatro&Danza da Concellería de Cultura con Chamada desde o máis alá, de Fusa Guillén. A obra, de Vilano Producións, poderá verse no Teatro Principal o sábado 10, ás 21:00 horas, e as entradas, a 10 € (6 € no anfiteatro) poden mercarse en Novagaliciabanco e nas billeteiras do Teatro Principal de 18:00 a 21:00 horas.
EMPREGO
Sete cursos formarán a 175 persoas desempregadas na xestión do ciclo da auga
O luns 12 de marzo celebrarase no edificio do Cersia (San Lázaro), a primeira dun grupo de sete xornadas formativas sobre o ciclo da auga. Aquagest (Grupo Agbar) colabora co Concello nesta iniciativa, da que se beneficiarán 175 persoas seleccionadas polos seus perfís profesionais.
MULLER
Continúan as actividades municipais con motivo do Día da Muller
Seguen a celebrarse as actividades organizadas pola Concellería de Familia, Benestar Social e Muller con motivo do Día da Muller. Desta vez celebrouse un obradoiro na praza Roxa un obradoiro de creación de broches.
ALCALDÍA
Santiago e A Estrada traballarán conxuntamente en proxectos turísticos, culturais e de infraestruturas
Os concellos de Santiago e da Estrada colaborarán en diversos proxectos de ámbito turístico, cultural e de infraestruturas. Así o manifestaron os seus alcaldes, Xerardo Conde Roa e José López Campos, tras a reunión mantida entre ambos en Raxoi.
CULTURA
Quico Cadaval presenta "Zona Portuaria" dentro do ciclo Falabaratos
O ciclo Falabaratos, da Concellería de Cultura, que se inaugurou o 14 de febreiro con David Amor, continúa coa súa programación neste mes de marzo. Así, o venres 9 de marzo chega a cita con Quico Cadaval e a súa Zona Portuaria. Será no Teatro Principal ás 21:00 horas e as entradas poden mercarse, a un prezo de 8 euros, nas billeteiras do propio Teatro en horario de 18:00 a 21:00 horas. Despois de Cadaval chegarán ao Principal, dentro deste ciclo, Sergio Pazos, Luis Piedrahita, Godoy, Pepo Suevos, Oswaldo.../em>
MULLER
Recoñecemento ás mulleres anónimas que loitan cada día pola igualdade
A concelleira de Familia, Benestar Social e Muller, Paula Prado, participou no Centro Socicomunitario da Porta do Camiño no acto conmemorativo do Día da Muller organizado polo Equipo de Dinamización Social do Urbana Santiago Norte. Alí, coas usuarias da residencia, foi momento para recoñecer o esforzo de moitas mulleres anónimas que cada día intentan crear un mundo máis igualitario.
DEPORTES
O campo de fútbol de herba artificial de San Lázaro abrirase de inmediato tras a retirada da liña de alta tensión que o atravesa
A liña de alta tensión que atravesaba o campo de fútbol de herba artificial de San Lázaro (detrás do edificio do SERGAS) comezou a ser retirada. Unha vez rematen os traballos, o recinto deportivo poderá ao fin entrar en funcionamento.
MULLER
O Concello de Santiago recoñeceu a traxectoria persoal e profesional de Victoria Seoane, Carmen Ferreira e Ana Serra
O Concello celebrou o Día da Muller cun acto de homenaxe a tres mulleres, ás que se lle recoñeceu a súa traxectoria persoal e profesional: Victoria Seoane López, fundadora de Ultramarinos Victoria; Mª del Carmen Ferreira Campos, fundadora da firma Maika Peluqueros; e Ana Serra García, empresaria artesá e fundadora de Medialúa.
ALCALDÍA
O Concello colaborará nunha nova edición da Festa da Uña de San Lázaro
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse coa Asociación Cultural e de Festas San Lázaro. Asistiu tamén á xuntanza o concelleiro de Participación Cidada, Francisco Noya.