CULTURA
Sarabela Teatro presenta "A idade da pavía"
Sarabela Teatro presenta A idade da pavía, obra coa que abre a segunda parte da programación do Bono de Teatro Galego. Será este xoves 18 de setembro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal. As entradas teñen un prezo de 10 euros pero, a través do bono, o prezo queda en 7 euros. Poden adquirirse no despacho de billetes do Teatro Principal, aberto de 18:00 a 21:00 horas ou tamén en entradas.abanca.com ou no 902 434 443.
ALCALDÍA
O alcalde avoga pola cooperación co sector hoteleiro como unha das vías para consolidar o crecemento turístico de Santiago
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participou na reunión do Foro de Directores de Hotel de Santiago, que se celebra no Hostal dos Reis Católicos. No encontro avogou por afianzar a colaboración institucional co sector hoteleiro como unha das vías para consolidar o crecemento turístico de Santiago.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O Auditorio acolle a representación da obra de teatro infantil "As fabas máxicas"
A concelleira de Normalización Lingüística, María Corral, xunto co secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o actor e responsable de Caramuxo Teatro, Juan Rodríguez, presentaron o espectáculo As fabas máxicas. Esta obra de teatro infantil, incluída no programa de dinamización lingüística FalaRedes 2014, representarase este domingo 21, ás 12:30 horas, no Auditorio de Galicia.
CONSORCIO
Un silledense de 24 anos, novo violoncellista da Real Filharmonía de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia (RFG) convocou un proceso selectivo para cubrir unha praza de violoncello. Os aspirantes pasaron por unha primeira rolda eliminatoria mediante currículo, na que o tribunal valorou a súa experiencia laboral e profesional. Os candidatos que superaron esta fase tiveron que someterse a unha audición, á que concorreron un total de 24 músicos. O posto conseguiuno finalmente Millán Abeledo Malheiro, natural do concello pontevedrés de Silleda.
CULTURA
German Díaz presenta "Método cardiofónico" dentro do ciclo SonsJazz’14
O ciclo SonsJazz’14 arranca nesta segunda parte do ano co concerto de German Díaz que presenta Método cardiofónico. Será este mércores 17 de setembro, a partir das 21:00 horas, no Teatro Principal. As entradas poden adquirise no despacho de billetes do Teatro Principal -aberto de 18:00 a 21:00 horas- e teñen un prezo de 10 euros anticipada e de 12 o propio día do concerto.
TURISMO
Vinte e cinco establecementos de Santiago participan na ruta Menús de Mercado de Compostela Gastronómica
Compostela Gastronómica, o Festival da Cociña Galega que celebrará a súa primeira edición do 19 ao 28 de setembro, inclúe entre as súas actividades unha ruta de Menús de Mercado, na que tomarán parte 25 establecementos de Santiago. Ao longo de dez xornadas, diversos restaurantes, hoteis, mesóns, taperías e viñotecas da cidade ofrecerán menús especiais cuxo nexo común é do estar elaborados a base de produtos frescos e de tempada adquiridos no Mercado de Abastos. Os.../em>
CULTURA
O tenor alemán Christoph Prégardien inaugura unha nova edición do Ciclo de Lied
O Teatro Principal acollerá este martes 16 de setembro, ás 20:30 horas, o concerto inaugural dunha nova edición do Ciclo de Lied, un certame único e segundo en antigüidade en España que cumpre 15 anos. O protagonista será o tenor alemán Cristoph Prégardien.
ALCALDÍA
O alcalde asina un convenio coa Cociña Económica e destaca o seu "admirable labor de atención ás persoas máis necesitadas"
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asinou un convenio coa Cociña Económica e visitou as instalacións desta institución benéfica. O Concello destina nesta ocasión 42.000 euros á entidade para que poida desenvolver a súa actividade.
TURISMO
Máis de 500 inscritos nos talleres e encontros con chefs de Compostela Gastronómica
O xoves 18 de setembro dará comezo a I edición de Compostela Gastronómica. Festival da Cociña Galega, unha iniciativa que converterá á cidade nunha festa culinaria durante dez xornadas. 14 charlas a cargo de destacados chefs do panorama gastronómico español, galego e compostelán para afeccionados á cociña e profesionais do sector, 16 obradoiros e mesas redondas para público xeral, a actividade Merco, cociño e como con…, sesións infantís de cociña, espazo.../em>
CULTURA
O Concello de Santiago e AGADIC presentan o Bono de Teatro Galego 2014
Por vez primeira este 2014 ponse á venda un bono conxunto con toda a oferta teatral galega dos dous principais espazos escénicos teatrais da cidade, o Teatro Principal e o Salón Teatro. Esta iniciativa foi presentada pola concelleira de Cultura, María Antón, acompañada de Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e de José Victor Carou, director xerente do Auditorio de Galicia.