ALCALDÍA
Unha mostra convida a descubrir a faceta como fotógrafo de Gonzalo Torrente Ballester
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, inaugurou a exposición GTB fotógrafo. Realidade e ficción, que se exhibe na Fundación Torrente Ballester. A mostra recolle unha selección de fotografías en branco e negro realizadas polo escritor na segunda metade dos anos 60 e inicios dos 70.
ALCALDÍA
O alcalde destaca o impacto de WOMEX, que converterá Santiago de Compostela en "capital mundial das músicas do mundo"
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu na Cidade da Cultura á presentación de WOMEX, a exposición de músicas do mundo que se celebrará na cidade do 22 ao 26 de outubro. Destacou o "evidente impacto" deste evento, que durante uns días converterá a Santiago en "capital mundial das músicas do mundo".
DEPORTES
Maratón deportivo solidario no Multiúsos Fontes do Sar con motivo do Día Mundial contra o Cancro de Mama
O Multiúsos Fontes do Sar acollerá este domingo 19 de outubro, de 18:00 a 21:00 horas, o maratón deportivo solidario Pink Power, con motivo da celebración do Día Mundial contra o Cancro de Mama. Haberá clases dirixidas de zumba, capoeira e bodycombat na pista central do recinto, ademais de actividades para os máis pequenos. A inscrición supón un donativo de 5 euros, destinados integramente á Asociación Española contra o Cancro (AECC).
ECONOMÍA
Xornada no Cersia sobre as novas bonificacións á Seguridade Social para empresas por persoal investigador
A concelleira de Economía, Reyes Leis, inaugurou a xornada técnica Bonificacións á Seguridade Social por persoal investigador: entrada en vigor, impartida por EQA (entidade certificadora acreditada por ENAC) e celebrada no edificio Cersia. Esta sesión estaba dirixida fundamentalmente a centros tecnolóxicos, clusters e PEMES innovadoras.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Máis actividades en Compostela Cine Classics
Continúan unha semana máis as actividades do programa sociocultural Compostela Cine Classics 2014, desta vez cunha nova proxección e co primeiro dos concertos do Cine Classics Música.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia ofrece este venres o concerto conmemorativo do 25º aniversario do Auditorio de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia (RFG) celebra esta semana dous concertos. O primeiro será o venres en Santiago, ás 21:00 horas, para conmemorar o 25º aniversario do Auditorio de Galicia. E o sábado a orquestra actuará no Palacio da Ópera da Coruña, ás 20:00 horas. En ámbalas citas levará a batuta o director titular e artístico da agrupación, Paul Daniel.
CONSORCIO
Nova xornada de portas abertas na igrexa conventual de Santa Clara para coñecer as monteas descubertas no chan do templo
O Consorcio de Santiago vai celebrar este xoves, ás 20:00 horas, unha nova xornada de portas abertas na igrexa conventual de Santa Clara para dar as coñecer as monteas do século XVIII descubertas no pavimento do templo, debido ao éxito da primeira experiencia, que tivo lugar a semana pasada. Estes debuxos a tamaño natural realizounos a cuadrilla que no seu día traballou na construción do edificio e servían como guía aos canteiros á hora de tallar cada pedra.
CULTURA
Últimas funcións de "A Tempestade", de Shakespeare, con Voadora
A compañía compostelá Voadora está a ofrecer durante este mes de outubro dez funcións de A tempestade, de William Shakespeare, dentro do programa do Bono de Teatro Galego. As dúas últimas funcións son esta semana, o xoves 16 e o venres 17, ás 20:30 horas, no Salón Teatro.
COMERCIO
Noite de descontos e agasallos no Centro Comercial As Cancelas
A concelleira de Comercio, Reyes Leis, asistiu á rolda de prensa de presentación da II Fashion Night, que se celebrará este venres 17 de outubro, de 20:00 a 24:00 horas, no Centro Comercial As Cancelas. Haberá un servizo de autobús gratuíto dende a praza de Galicia entre as seis da tarde e a unha da madrugada.
ALCALDÍA
O Concello acomete unha rebaixa xeral de impostos para os composteláns
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, anunciou a posta en marcha dun plan de modificación das ordenanzas fiscais municipais, co obxectivo de introducir un plan de rebaixa xeneralizada de impostos aos cidadáns de Santiago de Compostela. Así se aprobou nunha sesión extraordinaria da Xunta de Goberno, tras a cal compareceron o rexedor e o concelleiro de Facenda, Ramón Quiroga.