XUVENTUDE
Entrega de diplomas aos voluntarios lingüísticos que prestaron axuda básica a turistas e peregrinos durante o verán
A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, entregou os diplomas aos 16 participantes no programa de voluntariado lingüístico posto en marcha este verán para ofrecer unha axuda básica a turistas e peregrinos durante as Festas do Apóstolo. A iniciativa foi posible grazas a un acordo entre o Concello, o Grupo PREMIR e a Asociación Hostalería Compostela.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Centros Socioculturais programa tres charlas sobre seguridade informática e internet
A Concellería de Centros Socioculturais desenvolve durante todo o ano un programa regular en torno á formación e á dinamización das novas tecnoloxías nos espazos específicos, a través de 40 aulas informáticas. Seguindo con esta dinámica, programouse un ciclo de tres charlas formativas en torno á seguridade informática e internet no Centro Sociocultural do Ensanche.
ALCALDÍA
O alcalde expresa "a gratitude, a consideración e o afecto" da cidade aos colectivos que participaron no operativo de emerxencia do accidente de Angrois
O alcalde compostelán, Ángel Currás, presidiu un acto de recoñecemento aos colectivos municipais que participaron no operativo de emerxencia e atención ás vítimas e familiares do accidente do tren Alvia do 24 de xullo.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Aberta a inscrición para o segundo obradoiro do Outono Fotográfico 2013
A Concellería de Centros Socioculturais pon en marcha dous obradoiros de iniciación á fotografía dixital enmarcados no festival Outono Fotográfico 2013, cuxo programa expositivo se presentará en breve.
CULTURA
Kiko Pastur presenta "A ponte invisible"
O ilusionista Kiko Pastur presenta no Teatro Principal A ponte invisible, unha sesión de maxia con baralla, violoncello, piano e violín. A cita é este mércores, 16 de outubro, ás 21.00 horas.
ECONOMÍA
Chega a Santiago o concurso de emprendedores "Lánzate"
O concurso de emprendedores Lánzate chega a Santiago de Compostela da man do Concello de Santiago e do Centro Comercial As Cancelas. O obxectivo final da iniciativa é apoiar aos emprendedores galegos e o desenvolvemento empresarial da cidade.
XUVENTUDE
O I Certame de Fotografía co Móbil promove a creatividade e a expresividade sentimental da mocidade compostelá
A Concellería de Xuventude convoca o I Certame de Fotografía co Móbil, Foto con sentimento. Este concurso quere promover e premiar a creatividade dos mozos e mozas afeccionados á fotografía e potenciar o uso alternativo das novas tecnoloxías.
REHABILITACIÓN
O alcalde destaca a importancia das escavacións no castelo da Rocha para recuperar parte da historia de Santiago
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Urbanismo, María Pardo, visitaron as obras que se están a realizar no castelo da Rocha. Esta actuación, que se realizan no marco do recinto amurallado, está permitindo descubrir importantes referencias sobre a estrutura, a historia e o valor da fortaleza.
CULTURA
"10", último espectáculo de Nova Galega de Danza, no Teatro Principal
Nova Galega de Danza conmemora os seus 10 anos nos escenarios cun espectáculo que recolle o mellor da súa exitosa traxectoria e no que brinda ao público novas propostas. O obxectivo da compañía é celebrar con todos os galegos este aniversario dende a vangarda, cunha coidada posta en escena e iluminación e cun deseño de vestiario de raíces galegas que fan deste proxecto algo moi especial e propio. 10 estará no Teatro Principal este martes ás 21:00 horas. As entradas están á venda a un prezo de...
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Os CSC colaboran co Albergue Xoán XXIII na recollida de pantalóns
O Albergue Xoán XXIII precisa pantalóns para homes das tallas 40 a 44. Os centros socioculturais colaboran nesta recollida de prendas, facilitando a súa entrega polos cidadáns.