XUVENTUDE
Continúa no IES de Sar o Obradoiro de Iniciación á Pintura Paisaxística
A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, visitou o Obradoiro de Iniciación á Pintura Paisaxística, que se desenvolve no IES de Sar. Dezaoito mozos e mozas participan neste curso, impartido polo artista Xoty de Luis e que comezou o 10 de outubro.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Xornadas Micolóxicas en Conxo
O Centro Sociocultural de Conxo organiza novamente unhas Xornadas Micolóxicas. Desta vez preparouse unha conferencia, un roteiro micolóxico e unha proxección de diapositivas. A cita cos cogomelos, o venres 18 e o sábado 19 de outubro.
EDUCACIÓN, DEPORTES E XUVENTUDE
Máis de 200 escolares aprenden as manobras básicas de reanimación cardiopulmonar
Os concelleiros de Educación, María Castelao; de Deportes, Adrián Varela; e de Xuventude, Rebeca Domínguez, participaron na actividade para coñecer as técnicas de reanimación cardio-pulmonar (RCP) para escolares Reanima un corazón, que organizaron o Concello de Santiago e a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061 coincidindo co Día Europeo da Parada Cardíaca. Tamén asistiron a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, e o director do 061, José Antonio Iglesias. O...
CULTURA
Luís Emilio Batallán presenta "Había que chegar" no Íntimo & Acústico
Luís Emilio Batallán, un dos máis grandes cantantes galegos, deixa o seu semiretiro voluntario para ofrecer un recital no Teatro Principal no marco do ciclo Íntimo & Acústico. Será este xoves, 17 de outubro, ás 21:00 horas. O artista estará acompañado neste concerto por Simón García e Nani García. As entradas están á venda a 10 € (anticipada) e 12 € (día do concerto).
SEGURIDADE CIDADÁ
As zonas de estacionamento para residentes de Santa Marta e Pelamios-Vista Alegre poranse en marcha o 1 de novembro
O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Luis Bello, anunciou a entrada en funcionamento, o 1 de novembro, das zonas verdes de estacionamento reservado para residentes de Santa Marta (zona 9) e Pelamios-Vista Alegre (zona 8). Entre as dúas áreas sumarán 108 prazas.
CULTURA
Arrancan no Teatro Principal as Xornadas de Música Contemporánea 2013
Este venres 18 de outubro, ás 20:30 horas, arrancan as Xornadas de Música Contemporánea coa Joven Orquesta Nacional de España (JONDE), que contará coa gran voz da soprano María José Moreno.
ECONOMÍA
Ábrese o prazo de inscrición para as Xornadas Formativas Santiago Investors Support do mes de novembro
A Concellería de Economía abre o prazo de inscrición, a través da súa web cersiaempresa.org, para dous seminarios e dúas xornadas formativas que se desenvolverán durante o mes de novembro dentro do programa Santiago Investors Support. As actividades, gratuítas, destínanse a emprendedores, traballadores e estudantes universitarios ou de formación profesional.
TURISMO
Reunión da Comisión de Promoción, Representación e Turismo do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade
Celebrouse na sede de Turespaña en Madrid unha reunión de traballo da Comisión de Promoción, Representación e Turismo do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. A concelleira de Turismo, Reis Leis, asistiu a esta Comisión, presidida polo alcalde de Toledo e presidente do Grupo, Emiliano García-Page.
DEPORTES
Entregados os premios do II Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan
O salón de actos culturais do Centro Comercial Compostela acolleu a entrega de premios do II Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan. Os concelleiros de Deportes, Adrián Varela; de Educación, María Castelao; e de Xuventude, Rebeca Domínguez, asistiron á cerimonia.
CULTURA
"O país do Pato Donald" en Teatro & Danza
A Zona C acolle as propostas escénicas máis alternativas do ciclo Teatro & Danza. Tras a estrea do guateque global Mornings, de Blanca Cendán e Suso Alonso, e da poesía expandida de (Retro)visor, de Antía Otero e Isaac Garabatos, chega este mércores a compañía galega Lagarta, Lagarta coa obra O país do Pato Donald, con Ernesto Chao e Rosa Álvarez, dirixidos por Xulio Lago.