ALCALDÍA

Composcleta preséntalle ao alcalde as súas propostas para a mellora da mobilidade

12/12/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, reuníronse este xoves coa directiva da Asociación Cívica Composcleta. Na xuntanza participaron Faustino Gómez (presidente), Xaime Cortizo (tesoureiro), Enrique Agrasar (grupo de traballo de infraestruturas) e Manuel Salgado (vogal).

Leer más

ALCALDÍA

Xuntanza do alcalde coa directiva do Colexio Oficial de Aparelladores, Arquitectos Técnicos e Enxeñeiros de Edificación da Coruña

11/12/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este mércores cunha delegación da xunta de goberno do Colexio Oficial de Aparelladores, Arquitectos Técnicos e Enxeñeiros de Edificación da Coruña, encabezada polo seu presidente, Roberto Medín. Xunto a el estiveron a secretaria do Colexio, Rosario Salgado, e a vogal responsable da delegación de Santiago, Rosana Rivas. Entre as cuestións expostas ao rexedor figurou a creación dun Foro de Edificación e Sostibilidade nas tres cidades da provincia,...

Leer más

MEDIO AMBIENTE

O Concello explica o proxecto "Tropa verde" na xornada "Cooperación local no emprego e sustentabilidade", celebrada en Madrid

11/12/2019

O Concello de Santiago de Compostela presentou, na xornada "Cooperación local no emprego e sustentabilidade" celebrada en Madrid, o proxecto Tropa Verde, unha plataforma web creada pola empresa Teimas Desenvolvemento que ten por obxectivo fomentar a reciclaxe e a responsabilidade ambiental entre a cidadanía, premiando de xeito directo as boas accións medioambientais. Para iso son necesarios tres elementos: a cidadanía, os espazos onde depositar os residuos, nos que premiarán estas boas prácticas con cheques-agasallo; e os comercios...

Leer más

IGUALDADE

Últimas semanas para participar na edición 2019 do Premio de Ensaio e Creación Audiovisual "Xohana Torres"

10/12/2019

O vindeiro 31 de decembro remata o prazo para presentar traballos á convocatoria 2019 do Premio de Ensaio e Creación Audiovisual Xohana Torres. Pode concorrer calquera persoa física ou agrupacións de persoas sen personalidade xurídica e os traballos deben tratar da participación social e política das mulleres e ter como obxectivo reconstruír a súa memoria histórica. Poden ser ensaios literarios ou científicos, mais tamén pezas audiovisuais sobre as mulleres galegas.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Autorizado o novo protocolo entre Concello e Xunta para a mellora das entradas dos Camiños de Santiago

10/12/2019

A Xunta de Goberno, nunha sesión extraordinaria, aprobou a sinatura dun protocolo de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a Consellería de Cultura e Turismo, a Axencia de Turismo de Galicia, a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Santiago, para a mellora e integración paisaxística das entradas dos Camiños de Santiago. Este novo protocolo derívase do asinado en febreiro de 2017 e supón modificar as obrigas a fin de optimizar as actuacións previstas.

Leer más

CONSORCIO

Cinco escritores galegos únense para relatar a historia da cidade de Santiago, movéndose entre o literario e o fantasioso

10/12/2019

O Consorcio de Santiago e Urco Editora publican Longas sombras na pedra, un conxunto de relatos en torno á historia da cidade de Santiago escritos por María Alonso, David Botana, Héctor Cajaraville, Cris Pavón e Mariña Pérez Rei. A publicación presentouse este martes na Fundación Torrente Ballester. No acto estiveron, ademais dos autores dos textos, o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Xosé A. Sánchez Bugallo; a xerente do organismo interadministrativo, Belén Hernández; o...

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

O Concello iniciará un novo procedemento de contratación do servizo da Escola Municipal de Música

09/12/2019

A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria deste luns, aprobou o desestimento do contrato do servizo de dirección pedagóxica, docencia e organización dos diferentes programas educativos e das actividades da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela". Segundo indicou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, continuarase co trámite xudicial de solicitude de lesividade do anterior prego de condicións iniciado polo anterior Goberno municipal e abrirase un novo procedemento de contratación.

Leer más
Compartir: