ALCALDÍA
O alcalde inaugurou a sexta edición do Congreso de Compostela Monumental
O presente e futuro do asociacionismo comercial debateuse no IV Congreso de Compostela Monumental, celebrado na sede da Confederación de Empresarios de Galicia.
MEDIO RURAL
Presentación dun estudo sobre o mel
O conselleiro de Medio Rural, Luis García Bello, asistiu xunto co conselleiro de Medio Rural, Samuel Juarez, ao acto de presentación das conclusións do estudo Posta en valor do mel: etiquetado nutricional.
CULTURA
Jorge Drexler, "moi contento" de recibir o premio Cineuropa na súa XXV edición
O Festival de Cine compostelán entregou o segundo dos premios Cineuropa, na súa vixésimoquinta edición, a Jorge Drexler, nunha gala-concerto que se celebrou no Auditorio de Galicia. Este recoñecemento ao músico e compositor uruguaio súmase ao Óscar que posúe polo seu tema "Al otro lado del río" para a película Diarios de motocicleta (1997) e o Goya á mellor canción por Lope (2010). Á cerimonia asistiron o alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roa, e o concelleiro de.../em>
ALCALDÍA
Santiago, pioneira na aplicación dos traballos comunitarios como alternativa ás sancións por consumo de alcohol
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, e a concelleira de Benestar Social e Familia, Paula Prado, presentaron o Programa de Traballos para a Comunidade. Este catálogo de tarefas permitirá dar cumprimento ao establecido no artigo 91 de Ordenanza de convivencia, residuos e limpeza viaria. Santiago é a primeira cidade galega en por en marcha esta medida, contemplada na Lei de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello traslada o rexistro auxiliar de Fontiñas ao Cersia, primeiro paso para a creación da xanela única empresarial
A Xunta de Goberno aprobou o traslado do rexistro auxiliar de Fontiñas ao edificio do Centro de Recursos e Servizos Integrais de Apoio á Empresa (Cersia), en San Lázaro. Esta medida é o primeiro paso para a creación dunha xanela única empresarial neste punto.
ALCALDÍA
Santiago súmase ao Día Mundial da Diabete
A Asociación Compostelá de Diabéticos instalou unha carpa informativa na praza do Toural. Celebrábase así o Día Mundial da Diabete.
CULTURA
Jorge Drexler recibe o premio Cineuropa
O Festival de Cine compostelán entregará o segundo dos seus premios Cineuropa, na súa XXV edición, a Jorge Drexler, nunha gala-concerto que se celebrará no Auditorio de Galicia, a partir das 20:30 horas do martes 15. Este recoñecemento ao músico e compositor uruguaio súmase ao Óscar que posúe polo seu tema "Al otro lado del río" para a película Diarios de motocicleta (1997) e o Goya á mellor canción por "Lope" (2010). Á cerimonia, asistirán o alcalde de...
CULTURA
Últimos días para ver "Cartografías silenciadas", de Ana Teresa Ortega
O Auditorio de Galicia pecha o domingo 20 a súa exposición Cartografías silenciadas, de Ana Teresa Ortega, polo que todos os interesados teñen só esta semana para poder ver a mostra fotográfica.
ALCALDÍA
O Pen Galicia presentoulle ao alcalde a IV Bienal Literaria Internacional
O alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roa, recibíu no Concello o presidente do Pen Club de Galicia, Luís González Tosar, quen lle presentou os actos da IV Bienal Literaria Internacional, que se vai celebrar en Compostela na segunda quincena de outubro de 2012. Nesta edición, o certame, baixo o título "Compostela, de pedra e de palabra", quere amosar o compromiso co medioambiente.
MOBILIDADE
Cambios no tráfico e novas paradas do autobús urbano no barrio de Meixonfrío
O concelleiro de Mobilidade e Tráfico, Albino Vázquez, anunciou a conversión a sentido único de dúas rúas do barrio de Meixonfrío e a implantación de dúas novas paradas do autobús urbano e o traslado doutras dúas. Estas medidas responden ás demandas dos veciños e permitirán mellorar a mobilidade nesta área da cidade.