ALCALDÍA
O Concello de Santiago lembra a Miguel Ángel Blanco e as vítimas do terrorismo cunha concentración silenciosa na praza do Obradoiro
A praza do Obradoiro acolleu esta mañá unha concentración de 5 minutos de silencio en recordo do político Miguel Ángel Blanco, asasinado hai 25 anos por ETA, e de outras vítimas do terrorismo. O acto foi convocado por FEMP e pechouse cun aplauso.
TURISMO
‘Toleamos por (é)Tapas’, lema do XIV Santiago(é)tapas
O concurso de tapas celebrarase do 27 de outubro ao 13 de novembro, e aqueles locais de hostalaría que queiran participar poderán inscribirse a partir do próximo 2 de setembro a través da páxina web santiagoetapas.gal.
EMPREGO
Entrega de diplomas ao alumnado do Obradoiro de Emprego Creas IV polo traballo realizado no Xiro dos Montes
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, o delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor; e Judit Fontenla, xefa territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade; asistiron esta mañá no Centro Sociocultural de Grixoa ao acto de clausura e entrega de diplomas do "Obradoiro de Emprego Creas IV", cuxo alumnado desenvolveu durante este ano os labores de acondicionamento do treito do Gatofero, dentro do proxecto "Xiro dos Montes de Compostela".
SEGURIDADE CIDADÁ E IGUALDADE
O Concello condena e rexeita o acto vandálico contra o sinal de entrada a Santiago
O Concello de Santiago de Compostela condena e rexeita a pintada realizada no sinal indicador de poboación situado na entrada de San Lázaro, acontecida na madrugada do pasado luns. Rapidamente a empresa de mantemento da sinalización procedeu a pasada noite a súa limpeza e por fortuna, xa se volven apreciar as cores orixinais, coa bandeira LGTBI.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello asina catro novos convenios con ACEM, ASPAS, Fundación Secretariado Xitano e Asociación Fonte da Virxe por un importe total de 41.500 euros
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado pola concelleira de Políticas Sociais Mila Castro, asinou esta mañá catro novos convenios por un valor total de 41.500 euros. Os acordos subscritos hoxe foron con Fundación Secretariado Xitano, ACEM, ASPAS e Asociación Fonte da Virxe, que se suman aos outros 10 convenios asinados nas pasadas semanas con Proxecto Home, Cáritas, a Cociña Económica, o Albergue Xoán XXIII, FEAFES, Don Bosco, Asociación Sarela e Fundación Andrea por un importe...
XUNTA DE GOBERNO
23 entidades de Santiago beneficiaranse das axudas para actividades culturais do sector profesional
A Xunta de Goberno Local deu hoxe o visto bó á xustificación das "Axudas para actividades culturais do sector profesional". Son 23 as entidades culturais que se beneficiarán de 413.565,22 euros, que se reparten en función da subvención solicitada e do importe xustificado.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Dación de contas no Consello Económico e Social da cidade dos traballos de elaboración da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela
Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago e os co-directores executivos da Axenda Urbana de Santiago, María Cadaval e Santiago Lago, deron conta no Consello Económico Social da fase na que se atopa a elaboración da planificación estratéxica da cidade inserida na Axenda Urbana 2030.
TURISMO
Santiago promociónase en Milán e Roma como destino de Congresos, Xornadas e Incentivos
O Santiago de Compostela Convention Bureau (SCCB), servizo de Turismo de Santiago para a promoción de Santiago como destino de Congresos, participou a semana pasada nunhas xornadas de promoción celebradas en Milán e Roma destinadas ao segmento MICE, de Congresos, Xornadas, Eventos e Incentivos.
XUNTA DE GOBERNO E COMERCIO
Abanca será a entidade colaboradora para a entrega e distribución das axudas dos Bonos Corazón Praza de Abastos
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou a designación de Abanca Corporación Bancaria coma entidade colaboradora seleccionada para a entrega e distribución das axudas do programa de dinamización e incentivación do consumo denominado "Bonos Corazón Praza de Abastos".
ACCIÓN CULTURAL
Chévere celebra 35 anos cunha escolma de actividades e espectáculos durante todo o outono
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, acompañada polo director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López, e os compoñentes da compañía Chévere, Xesús Ron, Patricia de Lorenzo e Miguel de Lira, presentou esta mañá o ciclo de espectáculos "Desembarco Chévere" que se desenvolverá ao longo deste outono con motivo do 35 aniversario da mítica compañía. A concelleira parabenizou a Chévere "por estes 35 anos de traballo, coherencia e...