BENESTAR SOCIAL
O programa "Mente Activa" ensina aos maiores estratexias para mellorar a memoria
Os centros socioculturais do Castiñeiriño e Villestro acollerán as sesións do programa de estimulación cognitiva Mente Activa. Esta iniciativa está destinada a mulleres e homes que superen a barreira dos 60-65 anos interesados en aprender estratexias para fortalecer e mellorar a súa memoria.
CIDADE HISTÓRICA
"A Cerca da Cidade" fai un percorrido didáctico polos principais puntos da muralla medieval de Compostela do século XI
A concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, Olga Pedreira, presentou a publicación A Cerca da Cidade, que resume, de xeito sinxelo e didáctico, os resultados do traballo realizado ata o de agora dentro do Estudio e restauración da muralla medieval da cidade promovido e iniciado pola OCiHR en 2008. O estudio pretende, a medio e longo prazo, recuperar a muralla medieval (tanto a súa historia como as estruturas que aínda se conservan) para reintegrala na memoria e na paisaxe histórica da cidade.
ALCALDÍA
O alcalde reúnese co director xeral de Tráfico para falar do Plan de Sinalización de Mobilidade para o Xacobeo
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, presentou ao director xeral de Tráfico, Pere Navarro Olivella, o Plan de Sinalización da Mobilidade para o Xacobeo 2010. Durante o encontro que mantiveron na sede da Dirección Xeral de Tráfico, en Madrid, Navarro amosou a súa conformidade ante a proposta do Concello, así como a intención de traballar conxuntamente para que o Plan estea a punto na Semana Santa de 2010, de xeito que se poida afrontar con eficacia a regulación, ordenación e seguridade viaria do tráfico en...
CULTURA
Camilla Tilling e Roger Vignoles dedican o segundo concerto do X do Ciclo de Lied a Schumann e Strauss
Tras o éxito do concerto inaugural, o martes 22, ás 21:00 horas, celébrase no Teatro Principal de Santiago o segundo concerto da X edición do Ciclo de Lied, organizado pola Concellaría de Cultura e a Asociación Galega da Lírica. Protagonista deste concerto é a soprano sueca Camilla Tilling, unha cantante de renome e ascendente carreira que causou unha inmellorable impresión na súa primeira actuación en Santiago de Compostela hai cinco anos, na quinta edición deste ciclo.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Promoción Económica e Caixa Galicia ofrecen formación e asesoramento a emprendedores
Abriuse o prazo de inscrición para a segunda edición do curso gratuíto Como elaborar un plan de empresa para solicitar un microcrédito. Esta acción formativa enmárcase no programa de fomento do emprendemento Compostela Activa, que depende do Servizo de Apoio á Empresa que ofrece Promoción Económica.
MOBILIDADE
A zona sur contará cun aparcadoiro de borde para 400 prazas en Santa Marta
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que a Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano (TUSSA) farase cargo dunha parcela en Santa Marta para convertela nun aparcadoiro de borde. Así se informou esta mañá ao Consello de Administración da entidade, que xestionará unha bolsa de estacionamento moi ben comunicada e atendida por catro liñas do transporte urbano.
ALCALDÍA
O alcalde avoga polo mantemento dunha representación ao máximo nivel no Comité de Rutas que asegure a súa operatividade
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu á constitución do Comité de Desenvolvemento de Rutas Aéreas de Galicia, constituído por representantes do Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia, os concellos da Coruña, Santiago e Vigo e organizacións empresariais. Tras a mesma, en rolda de prensa, saudou a iniciativa e anunciou que se abriu un prazo de dúas semanas para facer chegar as consideracións oportunas sobre este Comité, incluído o seu funcionamento interno.
MOBILIDADE
Santiago únese á Semana Europea da Mobilidade con xincanas, obradoiros e transporte urbano de balde
A cidade quere implicarse como cada edición coa Semana Europa da Mobilidade, que se celebra do 16 ao 22 de setembro. Por este motivo, a Concellería de Mobilidade e Transportes preparou unha serie de actividades para promover hábitos saudables e máis respectuosos co medio ambiente.
BENESTAR SOCIAL
Benestar Social edita unha guía con toda a información básica para inmigrantes e emigrantes retornados
A Concellería de Benestar Social e Igualdade acaba de editar a Guía de recursos de Santiago de Compostela para inmigrantes e emigrantes retornados. A publicación inclúe toda a información básica sobre os trámites a realizar á súa chegada e respecto a temas esenciais que lles afectan.
BENESTAR SOCIAL
O programa "Educación de rúa" pecha as actividades de verán no barrio de Conxo cunha festa e cunha exposición fotográfica
As actividades realizadas este verán no barrio de Conxo no marco do programa Educación de rúa, da Concellería de Benestar Social, pecharanse mañá venres, 18 de setembro, cunha festa Fin do verán. Ademais, inaugurarase a exposición Un verán na rúa.