BENESTAR SOCIAL
O Parque Eugenio Granell acolle un encontro interxeracional de xogos tradicionais
A Concellería de Benestar Social do Concello de Santiago pon en marcha este sábado, a través do programa Educación de rúa, unha iniciativa novidosa que busca unir os maiores cos máis pequenos a través da práctica de xogos tradicionais.
MEDIO AMBIENTE
Ampliase o espazo das hortas de Belvís sumando 26 parcelas máis o que fai un total de 57
O éxito das hortas municipais, iniciativa da concellaría de Medio Ambiente que dirixe Elvira Cienfuegos López, fixo que desde o departamento decidiran ampliar o espazo sumando 26 parcelas máis. Así, estas 26, unidas a 2 do anterior espazo que están sen dono neste momento, serán adxudicadas o vindeiro martes nun acto no Parque de Belvís. A distribución e superficies das hortas poden consultarse na páxina web www.compostelaviva.org.
TRANSPORTES
O vindeiro luns día 20 entran en vigor as novas tarifas de transporte urbano
Estas tarifas foron aprobadas en Xunta de Goberno Local o pasado 10 de agosto e comezarán a aplicarse no servizo de transporte urbano a partir desde próximo luns, 20 de setembro.
BENESTAR SOCIAL
O Concello renova a súa colaboración co albergue Xoán XXIII
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asinou un convenio de colaboración con Frei Francisco J. Honrubia Bonnín, director da Asociación Centro Cultural – Social Xoán XXIII, en virtude do cal o Concello achega á institución benéfica máis de 20.000 euros para colaborar no servizo de acollida e aloxamento.
ALCALDÍA
O novo embaixador de Vietnam en España acode a Santiago para reforzar a colaboración entre a cidade e o país asiático
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu no Pazo de Raxoi o embaixador de Vietnam en España, Truong Trieu Duong, con motivo da súa incorporación ao cargo.
ALCALDÍA
Raxoi apoia o proxecto europeo de coidadores familiares
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu a recepción institucional que o Concello ofreceu aos participantes no seminario internacional Cosefamie (Competencias ao Servizo da Familia e do Emprego). Este encontro estase a celebrar na cidade hoxe e mañá, en concreto no Centro de Recursos e Servizos Integrais de Apoio á Empresa (Cersia).
CONSORCIO
O alcalde presenta un atlas histórico ilustrado editado polo Consorcio
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta hoxe ás 20.30 no Centro Socia Caixanova o libro "Compostela, unha historia entretenida", coeditado polo Consorcio de Santiago, escrito por Simón Vicente López e Julio Prado Seijas e ilustrado por José Luís Serrano Silva.
DEPORTES
A cidade de Santiago acolle o congreso que reúne ás federacións de Golf das comunidades autónomas
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu no pazo de Raxoi, acompañado por outros membros da Corporación municipal, os participantes no XXXV Congreso Nacional de Federacións Autonómicas de Golf, que cada ano se celebra nunha comunidade e que nesta ocasión, por ser Xacobeo, está a ser en Galicia.
CULTURA
A Fundación Granell e o museo Bellapart colaboran nunha exposición sobre a arte española no exilio dominicano
Hoxe,16 de setembro, ás 19:30 horas, a Fundación Granell inaugura a exposición "Asimilación y traslados, arte español en el exilio dominicano (1939-1960)". A mostra componse dunha escolla dos fondos da colección Bellapart, depositada no museo comesmo nome, sito na cidade de Santo Domingo, na República Dominicana. O acto de inauguración, será presentado pola Directora da Fundación Eugenio Granell,
Natalia Fernández Segarra, coa presenza de Juan José Bellapart, Paula Gómez – Directora do...
CULTURA
Trinta concertos conformarán a próxima temporada da Real Filharmonía no Auditorio de Galicia
O presidente do Consorcio e alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presentaron a estación de concertos 2010/2011 da Real Filharmonía no Auditorio compostelán, acompañado por Socorro García Conde, concelleira de Cultura do Concello de Santiago; Antoni Ros Marbà, director titular e artístico da Real Filharmonía de Galicia; Xosé Manuel Villanueva Prieto, xerente do Consorcio de Santiago; Paulo Rodríguez, director xerente do Auditorio de Galicia e Oriol Roch, director técnico da Real...