ALCALDÍA
O alcalde falou co conselleiro de Presidencia sobre o futuro do mercado de Amio e dos xardíns do Pazo de Amarante
O alcalde compostelán, Ángel Currás, reuniuse co conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda. Na xuntanza, de carácter protocolario, falaron de cuestións como o parque de bombeiros, o futuro do mercado de Amio ou a apertura dos xardíns de Amarante.
EDUCACIÓN
Aberto o prazo de inscrición para unha nova edición das Escolas de Verán
A concelleira de Educación e Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, deu conta da apertura do prazo de inscrición nas Escolas de Verán, que terá lugar en tres centros escolares do 25 de xuño ao 31 de xullo. O prazo permanecerá aberto ata o 2 de xuño.
CULTURA
As "Vésperas da Beata Virxe", de Monteverdi, chegan á Catedral co Festival Euro-Vía
Euro-Vía Festival é unha proposta musical itinerante que vén ofrecendo concertos de música dende Roma a Santiago de Compostela en diferentes lugares ao longo dos camiños de peregrinación en Europa. O sábado 2 e o domingo 3 de xuño, o Festival recala na catedral compostelá cunha das obras mestras de Monteverdi, interpretada por un dos máis nomeados conxuntos barrocos, o Europa Antiqua Consort, baixo a dirección de Johannes Skudlik.
BENESTAR
O Cersia acolleu a presentación pública da Asociación para a Promoción da Intelixencia Competitiva en Galicia
O edificio Cersia, en San Lázaro, foi o escenario escollido pola Asociación para a Promoción da Intelixencia Competitiva en Galicia (ASPICGA) para presentarse publicamente.
FACENDA
O Concello subscribe os préstamos por 12,7 millóns de euros para o pago a provedores
O Concello subscribiu con diferentes entidades bancarias os contratos de préstamo da liña ICO para facer fronte ao pago aos provedores con facturas pendentes a 31 de decembro de 2011, segundo o mecanismo establecido polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. O importe do total é de 12.733.132 euros, repartidos, segundo os criterios marcados polo Instituto de Crédito Oficial entre 11 entidades que operan na cidade.
ECONOMÍA
As empresas de Santiago xa poden inscribirse na xornada Getting Contacts!
O martes 19 de xuño celebrarase a primeira Xornada de Cooperación Empresarial Getting Contacts! de Santiago de Compostela, dentro do programa Santiago Investors Support da Concellería de Economía. A Xornada ten coma obxectivos fortalecer as empresas locais, facilitando os contactos e o networking, xerar novas oportunidades de negocio, atraer a empresarios de outras poboacións e abrir as portas a novas inversións.
CULTURA
La Habitación Roja presenta no Principal "Fue eléctrico" dentro do Compostela Rock
La Habitación Roja (Valencia pop-rock) estarán no Teatro Principal o xoves 24 de maio ás 21:00 horas, nun concerto enmarcado na súa xira Fue eléctrico e dentro do Compostela Rock. Como teloneiro estará Sethler presentando en acústico o seu primeiro álbum, Batalla. As entradas para ver a este clásico do pop español, precedido dunha novidosa proposta, custan 10 € anticipada, e 14 € o día do concerto, e poden mercarse en Novagaliciabanco ou na billeteira do propio Teatro Principal.
CONSORCIO
O Consorcio realiza traballos de conservación nas escaleiras de acceso á Colexiata de Sar
O Consorcio de Santiago, no marco das súas políticas de recuperación do patrimonio histórico da cidade, acaba de iniciar un traballo de restauración na Colexiata de Santa María de Sar. Os traballos consisten en obras de mellora na escaleira de acceso á igrexa, que a día de hoxe se atopa en mal estado.
ALCALDÍA
Abertos ao tráfico o paso inferior e a glorieta de acceso ao Centro Comercial As Cancelas
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e representantes da Xunta de Compensación do SUNP-4, Realia e Carrefour Property inauguraron os traballos contemplados no proxecto de mellora de accesos do entorno, mediante o soterramento de parte da avenida do Camiño Francés e a creación dunha glorieta en superficie con ramais laterais para articular os movementos de acceso ao centro comercial, de maneira independente á circulación de entrada á cidade. Esta actuación, xunto coas dúas rotondas previstas e outras melloras...
COMERCIO
O Concello presentoulle as bases das axudas para actividades de dinamización comercial ás asociacións de comerciantes
A Concellería de Economía, Comercio, Turismo e Mercados presentoulle ás asociacións de comerciantes da cidade as bases reguladoras das subvencións a actividades de dinamización comercial para 2012, que proximamente aprobará a Xunta de Goberno.