URBANISMO
O palacete modernista do Espiño parecerase o máis posible ao orixinal
O alcalde compostelán, Ángel Currás; a concelleira de Urbanismo, María Pardo; e o arquitecto José Luis Pereiro visitaron o palacete da Finca do Espiño e o parque no que se ubica, actualmente en obras para recuperalo para o uso público. Unha vez rematada a actuación no espazo verde, reconstruirase o palacete, coa intención de que todo o complexo público estea rematado a primeiros de 2015.
ALCALDÍA
En marcha as obras en Doutor Teixeiro
O alcalde compostelán, Ángel Currás, visitou as obras que se están a realizar na rúa Doutor Teixeiro. En próximos días tamén comezarán os traballos previstos en República Arxentina, San Pedro de Mezonzo e Santiago de Chile. En todas estas obras elaborouse un programa de traballo para que non interfiran na campaña comercial do Nadal.
MULLER E IGUALDADE
Andaina contra a violencia doméstica
A concelleira de Benestar Social, María Castelao, participou na andaina contra a violencia doméstica "Camiño ao Respecto", para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.
CULTURA
Concerto de presentación do novo director da Banda Municipal de Música
O Teatro Principal acolleu un concerto da Banda Municipal de Música, dirixida por Juan Miguel Romero Llopis.
CULTURA
Chega a Cineuropa "Klip" e proxéctase por última vez "Night moves"
Na xornada do luns poderemos ver o primeiro pase de Klip, de Maja Milos, e teremos a última función de Night moves, de Kelly Reichardt, da que o director de Cineuropa di que é "tal vez, a mellor película do ano". Teremos tamén pases únicos de Colpire al cuore, de Gianni Amelio, que presentará Daniel Gascó; Samurai, de Gaspar Scheuer; All the ships at sea, de Dan Sallitt; Partner, de Bernardo Bertolucci, presentado tamén por Daniel Gascó; Il caimano, de.../em>/em>/em>
TURISMO
Santiago alcanza o millón de pernoctacións entre os meses de xaneiro e outubro
O turismo internacional continúa crecendo en Santiago no 2013 despois de que o 2012 xa marcase o récord histórico na cidade, cando se alcanzaron as 417.245 pernoctacións no conxunto do ano. O 2013 é xa o mellor ano na demanda internacional da cidade, posto que entre xaneiro e outubro houbo 419.242 pernoctacións, superando a cifra total do ano 2012, grazas a un crecemento acumulado do 7,6% no que vai de ano.
ALCALDÍA
O alcalde afirma que o comportamento dos veciños de Angrois "perdurará no tempo como unha lección de humanidade"
A Capela do Hostal dos Reis Católicos acolleu o acto de imposición da Medalla de Ouro da Cidade de Santiago de Compostela ás veciñas e veciños de Angrois. A Corporación quixo así recoñecer publicamente a actuación solidaria destes veciños con motivo do tráxico accidente ferroviario do 24 de xullo.
MULLER E IGUALDADE
Obradoiros para nenos e nenas destinados a promover valores de igualdade
A concelleira de Benestar Social e Muller, María Castelao, asistiu aos dous obradoiros para nenos e nenas organizados no marco do III Plan de Igualdade e con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, que se celebra o 25 de novembro. Primeiro visitou o realizado no Centro Comercial As Cancelas e logo o de Área Central.
CULTURA
Primeiro pase da premiada "Like father, like son", de Hirokazu Kore-eda, na xornada do domingo en Cineuropa
Na xornada do domingo 24 temos unha desas citas que non se poden perder en Cineuropa: a proxección de Soshite Chichi ni naru (Like father, like son), de Hirokazu Kore-eda. O filme chega con grandes expectactivas xa que acadou neste 2013 o Premio do Xurado en Cannes e o Premio do Público en San Sebastián. Ademais, teremos tamén o primeiro pase de Post mortem, de Larrain; de Tre Fratelli, de Rosi e de Las analfabetas, que aborda un reflexo do Chile actual e para o que contaremos coa presentación e debate con público.../em>/em>
URBANISMO
O alcalde reitera o compromiso municipal coa mellora da accesibilidade nas urbanizacións máis antigas da cidade
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Urbanismo, María Pardo, visitaron as obras de construción de ascensores en varios edificios das Casas de Ramírez. Son xa cinco os elevadores instalados nesta céntrica e antiga urbanización (con máis de 50 anos dende a súa construción) e en breve estará listo outro máis.