SAÚDE

Recepción a tres membros de Alcer Alacante tras realizar o Camiño de Santiago para sensibilizar sobre a importancia da doazón de órganos

02/08/2019

O alcalde en funcións, Sindo Guinarte; a concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro; e os edís do Grupo Popular, María Antón; de Compostela Aberta, Rafael Peña; e do BNG, Navia Rivas, recibiron na praza do Obradoiro a representantes de Alcer, a Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril, e a tres dos seus membros, que hoxe remataron o Camiño de Santiago co obxectivo de sensibilizar e concienciar á cidadanía da importancia de doar órganos.

Leer más

EDUCACIÓN

Recepción a 120 rapaces e rapazas do campamento urbano do Centro Don Bosco

01/08/2019

A concelleira de Educación e Mocidade, Noa Díaz, e outros integrantes da Corporación recibiron 120 nenos e nenas que participan no campamento urbano do Centro Xuvenil Don Bosco. O obxectivo destes campamentos, que este ano alcanzan a súa 33 edición, é xogar cos espazos de Compostela, coa cidade como elemento de goce e tempo libre dende un punto de vista didáctico.

Leer más
Compartir: