ALCALDÍA

Xuntanza entre o alcalde e a Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela

25/10/2019

O alcalde Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse hoxe co presidente da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela, Luis Menéndez, e con membros da xunta directiva. Entre os asuntos tratados figura o vencellamento da entidade a Compostela, o Ano Santo 2021, e moi especialmente, a creación do Centro Internacional de Prensa. Nun futuro próximo, a APSC pretende reforzar os seus lazos coa cidade de Santiago abordando temas de utilidade e interese cultural para a cidadanía.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde asiste ao 30 aniversario da marca España Verde

25/10/2019

O Hostal dos Reis Católicos acolleu hoxe unha rolda de prensa na que se deu conta dos actos con motivo da celebración do 30 Aniversario da marca España Verde á que asistiron, ademais do alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; e a secretaria de Estado de Turismo, Isabel María Oliver, entre outras autoridades.

Leer más

TURISMO E MERCADOS

Compostela acolle a quinta edición do salón de vehículos de ocasión

24/10/2019

Do 25 ao 27 de outubro celebrarase no Recinto Feiral este evento, que chega á súa quinta edición e que congrega á meirande parte dos concesionarios e oficiais e as compravendas máis relevantes de Santiago e comarca. Presentouno en rolda de prensa o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, xunto co organizador, Fabián Saavedra, e Mónica Cañoto, en representación do Recinto feiral.

Leer más

COMERCIO

Aberto ata o 4 de novembro o prazo de solicitude de participación nos postos de venda do Mercado de Nadal

24/10/2019

O Departamento de Comercio abre o prazo para solicitar a participación no Mercado de Nadal, que se celebrará do 5 de decembro ata o 5 de xaneiro na rúa da Carreira do Conde. A inscrición estará aberta ata as 23.30 horas do día 4 de novembro.
Como novidade, nesta edición a oferta de decoración de Nadal e gastronomía concentrarase en tres quendas entre os días 5 e 23 de decembro; e a de artesanía e regalo, en dúas entre o 26 de decembro e o 5 de xaneiro.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Arranca este domingo 27 o programa 12 doces de outono

24/10/2019

A Rede de Centros Socioculturais pon en marcha unha nova edición do programa 12 doces do outono, unha aposta pola programación familiar, que xunta as artes escénicas coa gastronomía propia da estación. As 12 actividades desenvolveranse en 12 centros socioculturais os domingos 27 de outubro e 3, 10 e 17 de novembro.

Leer más

ALCALDÍA

Xunta e Concello de Santiago reforzarán o servizo de Protección Civil de cara ao Ano Santo 2021

24/10/2019

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, mantiveron hoxe un encontro no que un dos principais asuntos abordados foi a celebración do Ano Santo 2021, de cara ao cal se comprometeron a reforzar o servizo de Protección Civil e Emerxencias. Así mesmo, renovaron o seu compromiso coa comarcalización do parque de bombeiros.

Leer más

PLENO

O Pleno do Concello acorda unha declaración institucional reclamando para Santiago un xulgado específico sobre violencia de xénero

24/10/2019

O Pleno, na súa sesión ordinaria de outubro, aprobou unha declaración institucional na que os grupos municipais de PSdeG-PSOE, PP, Compostela Aberta e BNG solicitan a creación dun xulgado específico sobre violencia de xénero en Santiago. No primeiro semestre de 2019 rexistráronse en Galicia 1.763 denuncias por violencia machista, un 38,44 por cento máis que no mesmo período do ano pasado.

Leer más

IGUALADADE

Noa Díaz asiste á entrega dos X Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero e dos VI galardóns Ruth Matilda Anderson de fotografía, convocados pola USC

23/10/2019

A concelleira de Educación e Políticas de Igualdade, Noa Díaz, asistiu hoxe á entrega dos "X Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero", que cada ano entrega a USC. Resultaron gañadores un proxecto docente sobre a materia Estrutura Social e Estado do Benestar, e unha investigación sobre a muller na historia rural.

Leer más
Compartir: