ALCALDÍA

O director de Correos preséntalle ao alcalde o novo servizo de pago e cobro de recibos non domiciliados

21/01/2020

O alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse hoxe co director de Correos de Santiago, Julián Anca, quen lle presentou o servizo de pago e cobro de recibos fóra do horario limitado polas entidades bancarias que se comezou a aplicar hai dous meses. O rexedor sinalou que lle parece unha proposta interesante, e que se vai estudar a sinatura dun convenio entre ambas institucións. "Estou seguro de que resolveremos positivamente porque ampliar os servizos é dar máis facilitades ao conxunto da cidadanía",engadiu.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Luz verde ao proxecto modificado da Finca do Espiño

20/01/2020

A Xunta de Goberno local aprobou o devandito proxecto por importe de 1.460.000 euros. Entre outros asuntos, tamén se acordou a redacción dun novo prego para a implantación dun servizo de atención á infancia no espazo educativo e de lecer María Miramontes.

Leer más

CONSORCIO

A RFG ofrece "Romeo e Xulieta" con monicreques para escolares e familias

17/01/2020

A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos didácticos dirixidos a escolares, o xoves 16 e o venres 17, ás 11:00 horas no Auditorio de Galicia. E o sábado, ás 18:30 horas, repetirase a actuación para o público familiar. A batuta dos tres concertos levaraa o mestre Maximino Zumalave, director asociado da RFG. Os máis pequenos terán a oportunidade de desfrutar co Romeo e Xulieta de Shakespeare e música de Serguéi Prokófiev, xunto aos monicreques da compañía Per Poc.

Leer más
Compartir: