EMPREGO

O Concello ofrece máis de 100 cursos online gratuítos en resposta ao coronavirus

15/04/2020

O Concello de Santiago lanza a súa maior oferta formativa online dos últimos anos para mitigar os efectos da crise sanitaria global, poñendo ao dispor de todos/as os/as habitantes maiores de 16 anos, censados na capital galega, na busca de emprego e ocupados, 1.500 prazas en máis de 100 cursos online de múltiples áreas profesionais. Eses cursos enmárcanse no programa Talentia Summit’20 e están dentro do Plan para a reactivación económica posto en marcha polo Goberno municipal. A inscrición está...

Leer más

IGUALDADE

A campaña "Rompe o silencio" lembra ás mulleres vítimas de violencia machista que poden denunciar e á cidadanía que debe auxiliar

14/04/2020

O Concello de Santiago de Compostela pon en marcha a campaña "Rompe o silencio" para previr a violencia contra as mulleres no contexto do confinamento debido á crise sanitaria do COVID-19. A campaña, enmarcada no Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero, pretende, dunha banda, implicar a cidadanía na resposta contra a violencias machista, e doutra, reforzar a difusión dos recursos aos que poden acudir as mulleres que poidan estar sufríndoa.

Leer más

ALCALDÍA

PLAN MARCO DE REACTIVACIÓN ECONÓMICA "COMPOSTELA 2020"

14/04/2020

O Concello pon en marcha o Plan marco de reactivación económica Compostela 2020 para paliar os efectos da crise sanitaria global provocada pola COVID19". Conta cunha previsión económica inicial de 5.001.439,69 euros, e contempla 23 medidas de estímulo de crecemento e fomento da competitividade da economía local dirixidas á industria e demais sectores produtivos, ao comercio, a hostalería e ao emprego. Trátase dun plan deseñado para favorecer a dinamización económica do municipio unha vez remate o...

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Unhas 750 familias xa se benefician do uso do tícket especial de compra nos supermercados da cidade

13/04/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, deu conta este luns dos asuntos tratados na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local. Unha das cuestións abordadas foi un informe de situación dos Servizos Sociais en canto ao funcionamento do programa de tícket especial de compra, que permite ás familias máis necesitadas a adquisición de alimentos e produtos de hixiene básicos en hipermercados e supermercados da cidade. A día de hoxe, son unhas 750 familias as que fan uso deste bono de compra.

Leer más

CRISE SANITARIA

A web incorpora un aplicativo sobre a COVID-19 que dá resposta á información demandada pola cidadanía

11/04/2020

O Concello de Santiago de Compostela acaba de subir á súa web a aplicación Resposta ao coronavirus, con información detallada e actualizada sobre a pandemia, no que a cidadanía pode, de xeito directo, solicitar algún dos servizos asistenciais postos en marcha polo Goberno local durante a crise sanitaria ou inscribirse nunha rede de axuda. Tamén inclúe información sobre síntomas da enfermidade e consellos de como se debe actuar para evitar contaxios, así como datos e...

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Os centros socioculturais de Compostela divulgan a campaña "Preto de ti" para animar a veciñanza a través das súas redes sociais

09/04/2020

O Departamento de Centros Socioculturais vén de lanzar un vídeo a través das súas redes sociais, co obxectivo de animar ás familias neste período de confinamento. Baixo o título "Os centros socioculturais preto de ti", pretenden achegarse á veciñanza a través do sorriso e lembrarlle ás persoas usuarias que seguen aí, e que nas súas redes poden atopar...

Leer más

ALCALDÍA

O Goberno municipal traballa para que todo o paquete de medidas de activación económica estea operativo antes da reapertura do comercio

08/04/2020

O Goberno municipal segue traballando no paquete de medidas para a activación económica da cidade tras a crise do COVID-19. O obxectivo, segundo adiantou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, é que todo este conxunto de accións poidan estar operativas na primeira quincena de xuño e sempre antes de que se produza a apertura do comercio.

Leer más

POLÍTICAS SOCIAIS

O Concello súmase á celebración do Día Internacional do Pobo Xitano

08/04/2020

Este 8 de abril de 2020 será o primeiro Día Internacional do Pobo Xitano que se viva baixo un estado de alarma a causa da crise do COVID-19. Por iso, dende a comunidade xitana queren reflectir como esta pandemia está golpeando a toda a sociedade e, en particular, á súa etnia. O Concello apoia un ano máis a esta celebración.

Leer más

ALCALDÍA

O Concello ultima un paquete de medidas económicas para axudar ás empresas de Compostela a saír da crise provocada polo COVID-19

07/04/2020

O documento de medidas económicas que está ultimando o Concello de Santiago para facer fronte á situación derivada do coronavirus, denominado Compostela Móvese 2020 COVID-19 contempla, entre outras medidas, impulsar unha liña de formación e consultoría para o asesoramento empresarial de cara a apoiar ás empresas na elaboración dos seus plans de reactivación económica, unha liña de subvención de xuros destinada a autónomos e PEMES e a creación dun Comité...

Leer más
Compartir: