MEDIO AMBIENTE
A guía da Selva Negra difunde a súa riqueza ecolóxica, paisaxística e recreativa
A concelleira do Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, presentou o cuarto volume da colección de guías de peto Parques de Compostela, referido nesta ocasión á Selva Negra. "Coa actuación realizada neste parque da Selva Negra, aumentouse o seu valor ecolóxico, paisaxístico e recreativo", destacou.
ALCALDÍA
O alcalde destaca a importancia para o polígono da Sionlla do novo enlace coa N-550
O Consello de Administración de Emuvissa, presidido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acordou adxudicar tres concursos de obras nos solos industriais do norte por importe de mais de 16 millóns de euros. Trátase da construción da primeira fase do enlace coa N-550 e da urbanización dos polígonos industriais de Formarías e Costa Vella 3.
ALCALDÍA
Os traballadores municipais celebraron a festividade de Santa Rita de Casia
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu no Salón Nobre de Raxoi os traballadores do Concello, con motivo da celebración de Santa Rita de Casia, patroa da Administración Local.
MOBILIDADE
O aparcadoiro de Xoán XXIII incorpora un servizo de aluguer de paraugas e prazas reservadas para usuarios con cativos
Os aparcadoiros da sociedade municipal TUSSA continuaron ao longo do pasado ano cunha moi boa progresión, aumentando en máis de 7.500 os usuarios de rotación. Nunha rolda de prensa para presentar os resultados do primeiro cuadrimestre de 2011, o concelleiro de Mobilidade e Transportes, Carlos Nieves, tamén anunciou dous novos servizos do estacionamento de Xoán XXIII: o préstamo de paraugas e tres prazas reservadas para usuarios que acudan con cativos.
XUNTA DE GOBERNO
Aberta a licitación de obras en Marrozos, Son e Grixoa por máis de 600.000 euros
O Goberno local iniciou o proceso de contratación de tres obras incluídas no Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña: o acondicionamento do entorno do centro social de Marrozos, a construción dunha senda peonil entre o polígono do Tambre e Son de Abaixo e a reforma do firme na vía entre A Ponte e Ponte Albar (Grixoa). Os orzamentos destas tres obras suman 610.285 euros.
CULTURA
A Producións Artísticas presenta "Alicia&Alicia" no Teatro Principal
Alicia&Alicia, de Paula Carballeira, é a obra que poñerá sobre as táboas do Principal A Producións Artísticas o xoves 19 e o venres 20, a partir das 21:00 horas. Trátase dun espectáculo de teatro e danza apoiado en audiovisuais que programa a Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais en colaboración coa Rede Galega de Teatros e Auditorios. As entradas están xa á venda na web e teléfono de Caixa Galicia, así como na billeteira do Teatro o propio día da función a un...
CIDADES PATRIMONIO
Santiago de Compostela e as outras doce Cidades Patrimonio da Humanidade de España promociónanse en China
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, do que forma parte Santiago de Compostela, participa en Shangai, Cantón e Pekín nunhas xornadas de promoción dirixidas a axentes e touroperadores chineses. Representantes do Grupo darán a coñecer as novidades da oferta turística e cultural das 13 cidades que abandeiran o turismo cultural en España.
MEDIO AMBIENTE
A Concellería de Medio Ambiente solicita a inclusión de Santiago no Programa de Diagnóstico Enerxético do Hábitat Urbano
A titular de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, anunciou que o Concello vén de solicitar a súa inclusión no Programa de Diagnóstico Enerxético do Hábitat Urbano, co fin de contribuír á mellora da eficiencia enerxética. Preténdese que Santiago sexa un dos cinco concellos do Estado nos que a Fundación "La Casa que Ahorra" realice un diagnóstico comparativo entre dúas zonas urbanas para amosar, de forma cualitativa, as diferenzas entre edificios ineficientes e razoablemente eficientes.
MEDIO AMBIENTE
Aberto o prazo de inscrición no cursiño de introdución á xardinería de balcóns
Co obxectivo de fomentar a participación no III Concurso de Balcóns na Cidade Histórica, Flores na Cidade, a Concellaría de Medio Ambiente, organiza un Cursiño de Introdución ao Cultivo de Plantas e Decoración de Balcóns. Terá lugar o xoves, 19 de maio, ás 19:00 horas, no Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (Parque de Belvís).
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Compostela afirmou o seu compromiso co galego lembrando a Lois Pereiro
A praza do Toural acolleu o acto central preparado pola Concellería de Normalización Lingüística con motivo do Día das Letras Galegas. Alí, nenos e nenas da escola de danza de Cantigas e Agarimos leron poemas de Lois Pereiro. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o acto.