IGUALDADE

"Contra a violencia, educación", lema central do manifesto municipal con motivo do 25N

25/11/2019

A praza do Obradoiro acolleu esta mañá o acto principal do Concello de Santiago con motivo da celebración do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A Corporación presidiu esta cerimonia, na que se leu un manifesto institucional e na que diversos centros escolares representaron proxectos realizados para a ocasión dentro dun certame organizado polo Concello.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde clausurou o acto de entrega de diplomas do programa "Social Media, Marketing dixital e Emprendemento"

25/11/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou hoxe na entrega de diplomas ao alumnado do "Programa social media, marketing dixital e emprendemento", organizado pola Fundación INCYDE e a Cámara de Comercio no Viveiro de Empresas de Costa Vella, e no que colabora o Concello compostelá. O rexedor felicitounos, e destacou a colaboración que o Concello mantén co órgano cameral. "Estamos moi contentos do labor que se vén desenvolvendo", dixo, engandindo que "vivimos nun tempo no que calquera...

Leer más

CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia pon en directo a banda sonora ao filme mudo "A caída da casa de Usher" no marco de Cineuropa

25/11/2019

No marco da 33ª edición do Festival Cineuropa, este xoves, 28 de novembro, proxectarase o filme A caída da casa de Usher (1928), de Jean Epstein. Será ás 20:30 horas no Auditorio de Galicia. A Real Filharmonía de Galicia interpretará en directo a banda sonora. A batuta levaraa o director madrileño José Antonio Montaño, no que será o seu debut coa orquestra.

Leer más

TURISMO

Unha nova mouteira do Camiño en Pistoia reforza os lazos de Compostela coa cidade italiana

23/11/2019

O concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo de Santiago de Compostela, Sindo Guinarte, asistiu na praza do Duomo de Pistoia á colocación dunha mouteira, que sinala os 2.505 quilómetros que separan ambas cidades e reforza os lazos do Camiño de Santiago coa localidade italiana. No acto tamén estiveron presentes a comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira; o alcalde de Pistoia, Alessandro Tomasi; o bispo da localidade, Fausto Tardelli; e a prefecta da provincia de Pistoia, Emilia Zarrilli.

Leer más

ALCALDÍA E IGUALDADE

A campaña "En negro contra as violencias" suma xa 138 concellos e tres deputacións

22/11/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Igualdade, Noa Díaz, participaron en Lugo no acto de sinatura do convenio de colaboración entre concellos "En negro contra as violencias", dentro dos actos con motivo do 25N, Día internacional contra a violencia de xénero. A campaña chega este ano a 138 concellos e tres deputacións provinciais.

Leer más

ALCALDÍA

O Concello inicia a busca de solucións innovadoras para as futuras licitacións en mobilidade, xestión de residuos e alumeado

21/11/2019

O Hostal dos Reis Católicos acolle este xoves a Xornada de presentación do lanzamento da Consulta Preliminar ao Mercado do proxecto Smartiago. Esta Consulta Preliminar ten o obxectivo de recompilar a información necesaria en canto a solucións innovadoras para preparar os futuros pregos de licitación nos tres ámbitos que comprende o proxecto: mobilidade, xestión de residuos e limpeza viaria e alumeado ornamental. O Smartiago, co que o Concello captou 6.180.000 € (dos que un 80% serán aportados polo Fondo Europeo de...

Leer más

EDUCACIÓN

Inaugurado o simposio "O libro e a lectura"

21/11/2019

A concelleira de Educación, Noa Díaz, asisitiu á inauguración do simposio O libro e a lectura, da Asociación Galega de Editoras, que se celebra este xoves e mañá venres no auditorio do Consello da Cultura Galega. "O libro educativo na era dixital" é o tema desta edición do encontro, que reune diferentes expertos e promotores da edición de libro educativo coa finalidade de ofrecer formación sobre a actualidade ao sector e ao público en xeral. No acto inaugural tamén participaron a...

Leer más
Compartir: