NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Aberto o prazo de inscrición para o obradoiro ambiental "Falando en verde"
Os días 1, 2, 3, 6, 7, 8 e 9 de setembro celebrarase na Casa das Asociacións de Cornes (Conxo), unha nova edición do obradoiro ambiental Falando en verde, organizado pola Concellaría de Normalización Lingüística. Está dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos.
CULTURA
O Festival dos Abrazos viaxa arredor do mundo da man dos ritmos afro
A Banda Afrofunk, Batbirulau, Aburoruga, Martins-Legido-Calvo Trío e as curtas de Curtocircuíto na Rúa serán os protagonistas da xornada do xoves 19 no Festival dos Abrazos. Con todo, haberá que estar pendente do tempo por se é preciso modificar algún dos concertos.
EMPREGO
O Boletín Máiscompostela alcanza o número 75 con máis de 12.000 ofertas publicadas
O Boletín de ofertas de emprego Máiscompostela da Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, saca á rúa o seu número 75. Dende que se comezou a editar, o 15 de outubro de 2009, leva publicadas máis de 12.000 ofertas de emprego (véñense publicando unhas 170 ofertas en cada número).
CULTURA
Nova xornada de estilos musicais e conversas no Festival dos Abrazos
Compostela acolle o mércores 18 unha xornada máis do Festival dos Abrazos, unha iniciativa organizada pola Concellaría de Cultura. O programa inclúe novas propostas musicais, cine e teatro.
EMPREGO
Medio centenar de persoas participarán en dous obradoiros de coaching laboral no marco da I Feira do Emprego
O coaching laboral é un dos temas que se analizará na I Feira do Emprego de Santiago de Compostela, organizada pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, e que se celebrará o 7 e 8 de outubro no Centro de Recursos e Servizos Integrais de Apio á Empresa (Cersia), situado en San Lázaro.
CULTURA
Música tradicional e rock "serie B" noutra xornada do Festival dos Abrazos
Música tradicional ou un estilo de rock "serie B" serán as ofertas musicais para o domingo 15 en Compostela no marco dunha nova xornada do Festival dos Abrazos, unha iniciativa organizada pola Concellaría de Cultura.
CULTURA
O Festival dos Abrazos trae a arriscada proposta de Modulok Trío e o rock alternativo de Tapiporla
O Festival dos Abrazos segue o seu curso. Na xornada do sábado 14, vez para unha das propostas do Abrazos OFF, da man da banda Modulok Trío. E para a noite, rock alternativo con Tapiporla.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Parten cara Sarreaus (Ourense) os participantes en "AnimaLingua"
O vindeiro luns, 16 de agosto, ás 9.30 horas, os 30 participantes no campamento de verán AnimaLingua, partirán dende a dársena de autobuses de Xoán XXIII rumbo ao Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso", en Sarreaus (Ourense). A concelleira de Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez, estará alí para despedir aos rapaces e rapazas, e para conversar cos pais e monitores.
EMPREGO
Máis de 3.000 persoas inscritas na Plataforma de Intermediación Laboral da Concellaría de Promoción Económica
O Servizo Local de Emprego da Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo ten no seu aplicativo informático, denominado Plataforma de Intermediación Laboral, 3.361 persoas inscritas. No primeiro semestre do ano, o servizo ofrecido pola Concellaría recibiu 861 novas solicitudes. Destas persoas, 527 son mulleres, o que representa o 61,2% do total, e 334 homes, o 38,8%.
CULTURA
As marionetas e a música angolana animarán as rúas e prazas de Compostela
Os títeres e a mestura de música africana cos sons electrónicos son os protagonistas da xornada do venres 13 do Festival dos Abrazos, unha iniciativa organizada pola Concellaría de Cultura. Distintos puntos da cidade de Compostela son os elixidos para a posta en escena destes espectáculos, cos que se pretende ofrecer ao público un espazo para gozar e participar das máis diversas producións artísticas.