ALCALDÍA
O alcalde aposta por habilitar unha vía alternativa ao Camiño Portugués
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asistiu coa secretaria xeral de Turismo da Xunta, Carmen Pardo, e con diversas autoridades portuguesas, á presentación da edición 2011 da Romaría de Portugal e as Festas da Nosa Señora dos Remedios, que se celebran na localidade lusa de Lamego do 25 de agosto ao 9 de setembro. O acto tivo lugar na oficina que Turismo de Porto e Norte ten na rúa do Vilar.
XUNTA DE GOBERNO
María del Mar Hinojosa, tenente da Garda Civil, coordinará os corpos de seguridade cidadá do Concello de Santiago
O Goberno local aprobou o nomeamento da tenente da Garda Civil María del Mar Hinojosa Izquierdo como asesora, para coordinar os tres corpos de seguridade cidadá do Concello de Santiago: Policía Local, Bombeiros e Protección Civil. A incorporación desta profesional, en palabras da voceira da Xunta de Goberno, Paula Prado, permitirá "mellorar a coordinación destes tres corpos, optimizar os recursos e aportar unha visión diferente a cargo dunha persoa con ampla experiencia en seguridade cidadá".
CULTURA
Danza, música e curtametraxes españolas abrázanse na xornada do xoves 18
O Festival dos Abrazos continúa enchendo as rúas e prazas de Compostela dos máis variados espectáculos. Na xornada do xoves 18 teremos danza, música e curtametraxes. Comezamos con Danza e contradanza, de Iván Villar e Nelson Quinteiro, a partir das 20:00 horas no Toural (se chove será no Teatro Principal) para seguir con Curtocircuíto na Rúa na praza de Cervantes: ás 21:15 sesión co DJ Kowe e ás 22:30 proxección de curtas da sección Feito en España (se chove,.../em>
ALCALDÍA
Compostela renovou o seu voto a San Roque
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e a práctica totalidade do equipo do Goberno municipal participaron no tradicional acto de voto da cidade de Santiago a San Roque, celebrada na capela do mesmo nome.
CONSORCIO
Máis de 50.000 persoas visitaron a exposición "A Catedral de Santiago, corazón de Compostela" no Pazo de Xelmírez
Máis de 50.000 persoas visitaron a exposición A Catedral de Santiago, corazón de Compostela dende a súa inauguración no mes de xuño no Pazo de Xelmírez. A mostra, organizada polo Consorcio de Santiago e o Cabido da Catedral coa colaboración da Fundación Barrié de la Maza, vén de pór á venda un catálogo que explica ao detalle o contido da mostra, facendo fincapé nas claves do Plan Director da Catedral.
TURISMO
A concelleira de Turismo destaca a importancia do Camiño como mellor marca internacional de Galicia
Hostalería Compostela vén de presentar o novo plano turístico de Santiago, un documento corrixido e actualizado no que se incorporan todos os establecementos de hospedaxe do colectivo, así como novidades tan importantes coma a Cidade da Cultura. Este plano, do que se editan máis de 150.000 exemplares para distribuír entre os asociados, é froito da colaboración entre Hostalería Compostela e Turismo de Santiago.
CULTURA
A Atlántica Vapora Orquestra pecha a primeira semana do Festival dos Abrazos
A primeira semana do Festival dos Abrazos pecha cun concerto de Atlántica Vapora Orquestra este sábado, ás 20:00 horas, na praza de San Martiño Pinario (se chove trasládase ao Teatro Principal). Logo do descanso de actividade do domingo, o comezo da semana seguinte virá repleto de citas.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello acomete a limpeza das cunetas das parroquias compostelás
A Xunta de Goberno, nunha sesión extraordinaria, adxudicou as obras de limpeza e desbroce de cunetas nas parroquias de Santiago. Ademais, iniciou o expediente de contratación da xestión das pistas de pádel e tenis de Sar.
CULTURA
A música, protagonista total da quinta xornada do Festival dos Abrazos
Continúa a programación do Festival dos Abrazos desta edición 2011 e faino na xornada do venres 12 coa música como protagonista absoluta. Para inaugurar a xornada, a partir das 20:00 horas, na praza de San Martiño Pinario, poderemos gozar co jazz de Abe Rábade (se chove, o concerto trasládase ao Teatro Principal). E a continuación, e como broche, a música electrónica de Sam Amant, chegada do Reino Unido, soará na Zona "C" (se chove no CGAC) a partir das 22:30 horas.
CULTURA
Mar Gómez presenta o espectáculo "Heart Wash. Una historia de amor abocada al fracaso" no Festival dos Abrazos
Un día máis, as rúas de Santiago énchense coa programación do Festival dos Abrazos. Na xornada do xoves día 11, a catalana Mar Gómez presenta o seu espectáculo de danza contemporánea Heart Wash. Una historia de amor abocada al fracaso e o colectivo Precicla! celebra a segunda sesión de Reciclónica. Ademais, teremos a primeira cita con Curtocircuíto na praza do Toural: primeiro sesión co DJ Álvaro DC ás 21:15 horas e, a continuación, a proxección do.../em>