INFRAESTRUTURAS
María Castelao falou co director do IGVS sobre as deficiencias na execución da urbanización do SUNP-13 do Combarro
A concelleira de Obras e Infraestruturas, María Castelao, reuniuse co director do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Antonio Boné, para falar sobre as deficiencias na execución das obras de urbanización do SUNP-13 do Combarro, no Castiñeiriño.
DEPORTES
A Concellería de Deportes programa máis de 70 eventos en 2012 e ultima o proxecto do novo complexo acuático de Santa Marta
Apoio ao deporte de base, unha rigorosa política de investimentos, a aposta polas prácticas saudables e a consolidación de Santiago como sede de grandes eventos deportivos serán algúns dos eixes de traballo da Concellería de Deportes. Todo este labor aséntase na nova imaxe do Departamento que, baixo o lema "O deporte é SAN, Santiago é SAN", integrará todo o deporte da cidade, baixo unha xestión, promoción e coordinación única.
ALCALDÍA
O Nobel de Medicina Tim Hunt visitou Raxoi
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu en Raxoi ao Premio Nobel de Medicina en 2001, Tim Hunt, quen está en Santiago para participar no Programa ConCiencia. O británico sumouse á longa lista de científicos que, no marco desta iniciativa de divulgación, teñen xa deixado a súa sinatura no Libro de Honra da cidade nos últimos anos.
COMERCIO
O comercio compostelán celebra o 18 de maio a primeira Noite Aberta de Primavera
A Concellería de Comercio, dirixida por Reyes Leis, organiza por primeira vez a Noite Aberta de Primavera do comercio compostelán, que se celebrará o venres 18 de maio e que se integra dentro do programa municipal de actividades das Festas da Ascensión. O programa conta coa colaboración das asociacións comercias da cidade: Acotés, Compostela Monumental e Santiago Centro.
CULTURA
The Bad Plus pecha o ciclo Jazz in Blue cun concerto no Teatro Principal
O domingo 13 de maio chega ao seu fin o ciclo Jazz in Blue e faino por todo o alto cun concerto de The Bad Plus. Será no Teatro Principal a partir das 20:00 horas.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O traslado do Centro Sociocultural da Almáciga suporá un aforro anual para as arcas municipais de máis de 15.000 euros
O alcalde compostelán, Ángel Currás, visitou o novo Centro Sociocultural da Almáciga xunto cos concelleiros de Centros Socioculturais, Francisco Noya, e de Barrios, Juan de la Fuente. Tras o seu acondicionamento, a sede veciñal sitúase agora nun inmoble anexo ao CEIP Apóstolo Santiago.
URBANISMO
Alumnos da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña realizaron un percorrido urbanístico por Santiago
Un grupo de 30 alumnos que cursan a materia de Socioloxía Urbana e Ordenación do Territorio no Grao de Socioloxía pola Universidade da Coruña (UDC) realizaron un percorrido urbanístico por Santiago. No transcurso do mesmo foron recibidos no Concello polo xefe do Servizo de Planeamento e Xestión, Ignacio Soto.
CULTURA
Tortoise debuta en Galicia dentro de Sons
Dende Chicago chegan Tortoise para debutar en Galicia dentro do ciclo Sons 2012. Será o sábado 12 de maio cando poderemos escoitar en directo o post-rock desta formación no Auditorio de Galicia.
ALCALDÍA
O alcalde e o delegado do Goberno constatan os avances producidos tras a reactivación da Xunta Local de Seguridade
O alcalde compostelán, Ángel Currás, reuniuse co delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez. No encontro, repasaron a situación actual das obras do Estado pendentes na cidade e do funcionamento da Xunta Local de Seguridade. A continuación, o alcalde reuniuse co presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, ao que lle manifestou a necesidade de reactivar o paralizado novo edificio do Parque de Bombeiros.
BENESTAR SOCIAL
O barrio de Vite celebra o Día de Europa coa promoción do envellecemento activo
Con motivo do Ano Europeo do Envellecemento Activo e a Solidariedade Interxeneracional, o Equipo de Dinamización Urbana Santiago Norte-SS.SS, coa colaboración do Centro Socicultural José Saramago de Vite, desenvolverá o mércores 9, dende ás 19:00 horas, unha actividade interxeracional baixo o título Facemos Europa. A acción, que se celebrará no devandito CSC, consistirá na elaboración e degustación de doces decorados polos e polas propias participantes coas bandeiras da Unión Europea e dos...